Tras denunciar Verea un acordo do BNG
A Plataforma de Regulación de Vivendas de Uso Turístico desmárcase da polémica sobre a legalización de pisos
Prevituga asegura que o pasado 4 de agosto se reuniu “oficialmente” co alcaldesa de Santiago e “nada sobre a legalización de viviendas se puxo sobre a mesa” nesa xunta

Gran afluencia de turistas y peregrinos en la Praza do Obradoiro durante el largo puente de San Roque / Antonio Hernández

O líder popular Borja Verea denunciaba o pasado luns o acordo entre o BNG, concretamente, da alcaldesa Goretti Sanmartín, e a Plataforma de Vivendas de Uso Turístico (VUT) para legalizar cerca dun milleiro de pisos deste tipo. Unha cuestión que desmentiron tanto o BNG coma a propia plataforma, que destacou que dende a alcaldía compostelá só se afirmara o “compromiso de informar e consultar” sobre as ordenanzas a este respecto que pretende aprobarse durante o mes de outubro.
Agora é a Plataforma de Regulación de Vivendas de Uso Turístico (Prevituga) quen toma a palabra para facer pública a súa “desconfianza” sobre as afirmación de regular todas esas vivendas. Ademais, a Prevituga informa de que o pasado 4 de agosto se reuniu “oficialmente” co alcaldesa de Santiago e “nada sobre a legalización de viviendas se puxo sobre a mesa” nesa xunta.
Así, Prevituga fai pública a súa “desconfianza ante la veracidad de dichas informaciones, desconociendo los intereses que hayan podido provocar tales afirmaciones”. Ademais, dende a plataforma destácase a “absoluta confianza con la hoja de ruta trazada en los últimos años, iniciada con éxito y valentía por la anterior corporación y que no tenemos, por el momento, ninguna duda que el actual Gobierno de la ciudad dará continuidad”.
A polémica sobre as vivendas de uso turístico vai máis alá das condicións que éstas deben cumprir e entronca directamente co deseño turístico da cidade que, no caso do actual goberno local, está claramente decidido cara a “unha cidade das persoas”, e xa dende a campaña electoral se poñía o acento en recuperar a poboación da cidade vella, regular (na medida do posible) as tendas de souvenir e darlle cabida ao comercio local e xestionar, coa aprobación da Xunta de Galicia unha taxa turística que protexa patrimonio e veciños.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago
