Letras

Top de libros da biblioteca Ánxel Casal

Obras de Diego Ameixeiras, Kiko da Silva, Juan Gómez Jurado, Francisco Ibáñez, Margarita Ledo, Sara Mesa, Arantza Portabales y, Lito Vila Baleato, entre as máis demandadas deste verán

Parte dos libros de máis demanda na biblioteca Ánxel Casa l/F.: Jesús rieto

Parte dos libros de máis demanda na biblioteca Ánxel Casa l/F.: Jesús rieto / XABIER SANMARTÍN

No top de libros máis demandados no que vai de verán na biblioteca pública de Santiago Ánxel Casal hai variedade e algunha sorpresa, segundo explica o seu director, Jesús Torres Junquera, parte do equipo que goberna esta nave que é un dos principais edificios culturais de Galicia. Ten ata 45.000 personas asociadas e foi aberta en 2008.

“En castelán (infantil e xuvenil) destacan as series de manga: Naruto, Guardianes de la noche, The promised Neverland, DragonBall ou My hero academia. Prestáronse moito tamén as obras de Francisco Ibañez pola mostra bibliográfica que fixemos como homenaxe polo seu pasamento en xullo. Entre as novelas, destaca o número de préstamos de Momo, de Michael Ende ou Las Brujas, de Roald Dalh e tamén algún libro de coñecemento como Mi primer libro sobre Egipto, de Vicente Muñoz Puelles”, conta Torres.

En galego tamén sobresaen algunhas coleccións como Superpataca , de Artur Laperla, ou Os bolechas, de Pepe Carreiro, e clásicos como Sherlock Holmes , de Arthur Conan Doyle ou libros ilustrados como O pesadelo de Mateo, de Estefanía Padullés.

E no apartado de ficción, o libro máis prestado foi Nom estamos quebrades, de Nee Barros.

“Para persoas adultas, as novelas máis prestadas en galego nestes meses foron O cervo e A sombra, de Diego Ameixeiras; Campus Morte, de Lito Vila Baleato; Coa man esquerda, de Xabier Quiroga ou A vida secreta de Úrsula Bas, de Arantza Portabales”, engade o director da biblioteca Ánxel Casal e ex xogador do Compostela.

Falando de poesía, destaca A antropoloxía da auga, de Anne Carson e en banda deseñada (ou comic) Regreso á illa de San Simón, obra colectiva coordinada por Kiko da Silva, debuxante de EL CORREO cunha sección diaria chamada A Silveira.

Kiko da Silva con ‘Regreso á illa de San Simón’.  / Foto: Jesús Prieto

Kiko da Silva con ‘Regreso á illa de San Simón’. / Foto: Jesús Prieto / XABIER SANMARTÍN

No eido dos chamados libros de coñecemento destacan os de preparación de oposicións ou Para unha historia do cinema en lingua galega, da Catedrática de Comunicación Audiovisual de la Universidad de Santiago (USC), Margarita Ledo Andión.

E en castelán, o top dos préstamos conta con Un mundo feliz, de Aldous Huxley; La carretera, de Cormac de McCarthy; Un amor, de Sara Mesa ou Todo arde e La novia gitana, de Juan Gómez Jurado. E todo isto nunha biblioteca que xa volve ao horario habitual de 08.30 h. a 21:00 h. e sábados de 10:00 h ata 14:00 h. E entre as súas vindeiras actividades, chega Choiva de contos cada sábado (12 h).

“E ata o día 8 de setembro mantemos o Campamento cultural de verán no que no que acollemos a 120 nenas e nenos axudando así á conciliación das súas familias grazas ao Plan Corresponsables. Ao abeiro deste programa realizaremos tamén un sinfín de obradoiros os mércores a partir do 20 de setembro”, explica Jesús Torres nun cuatrimestre que terá datas sinaladas, caso o Día das escritoras (15 outubro) ou mesmo o, Día da Biblioteca (24 de outubro),.