Síguenos en redes sociales:

Sara Santos Ferreiro, nova presidenta da Asociación Hostelería Compostela

A nova presidenta, da sección de Hospedaxe, intercambia o seu cargo con Thor Rodríguez, que pasa a ocupar a vicepresidencia

Sara Santos Ferreiro, nova presidenta da Asociación Hostelería CompostelaCedida

Tras a celebración da última xunta directiva da Asociación Hostelería Compostela será Sara Santos Ferreiro, da sección de Hospedaxe, quen asuma a presidencia da entidade durante os próximos dous anos de mandato, mentres que Thor Rodríguez Carbón, da sección de Restauración, pasará a ocupar a vicepresidencia, intercambiándose así os seus respectivos cargos ata a data.

Este cambio prodúcese seguindo os propios estatutos da Asociación Hostelería Compostela, que establecen que "a persoa que ostenta a condición de presidente por ser quen na devandita condición foi na candidatura, pasados os dous primeiros anos, substituirá a súa función co vicepresidente. Con iso alternarase en cada catro anos a persoa que ostenta a presidencia; o presidente os dous primeiros, e o vicepresidente os dous segundos, pertencendo a sectores distintos".

Ademais, os estatutos indican que "se o presidente pertence a restauración, o vicepresidente terá que pertencer a hospedaxe e viceversa".

Deste xeito, a xunta directiva queda configurada do seguinte xeito:

PRESIDENTA: Sara Santos Ferreiro

VICEPRESIDENTE: Thor Rodríguez Carbón

SECRETARIA: María del Carmen Furelos Gaiteiro

TESORERO: Óscar García Castro

VOGAIS

Avelino Martínez Paredes

Javier Míguez Nimo

Miguel Viaño Illodo

Jesús Peón Otero

Carlos Regueiro Quintás

Iria Asorey Tourón

José Luis Seoane Montero

Pulsa para ver más contenido para ti