usc

Mostra en homenaxe a Santiago Ramón y Cajal no Campus Vida

Acto de presentación da mostra no Campus Vida da USC / SANTI ALVITE

Acto de presentación da mostra no Campus Vida da USC / SANTI ALVITE / ECG

Redacción

O Tour Universitario Cajal. Unha mirada ao esencial ofrece dende onte no Campus Sur unha mostra en homenaxe ao Nobel Santiago Ramón y Cajal que se poderá ver ata o vindeiro venres na praza Rodríguez Cadarso. A vicerreitora de Política Científica da USC, Pilar Bermejo, interveu este martes na rolda de prensa de presentación, e canda ela estiveron o terceiro tenente de alcaldesa do Concello de Santiago, Xesús Manuel Domínguez; a directora de marketing da firma patrocinadora da mostra, Dacia España, Alaitz Garin; e o director do Tour Universitario Cajal, Jesús Ramos. Pilar Bermejo louvou a iniciativa de crear unha mostra itinerante e salientou “a necesidade de divulgar a investigación de forma asequible”, pois “a divertida é a forma máis adecuada” de facer divulgación. Asegurou, ademais, que “a investigación require paixón”. Esta mostra itinerante, iniciativa da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e organizada por 3,2,1,Imagine, serve para dar a coñecer a vida e obra do premio Nobel Santiago Ramón y Cajal á mocidade, especialmente universitaria, conmemorando así o 170 aniversario do seu nacemento.