Chegan as luces de Nadal a tres edificios simbólicos da cidade na Ruta Xacobea

Son San Caetano, a Torre da Berenguela e a Cidade da Cultura, a proposta da Xunta

Chegan as luces de Nadal a tres edificios simbólicos da cidade na Ruta Xacobea

Un ano máis a Xunta ilumina durante o Nadal a medio cento de monumentos e edificios emblemáticos da Ruta Xacobea a través da iniciativa Acende o Camiño de Santiago, dos cales un total de 18 están situados na provincia da Coruña e tres deles na capital galega. Estos son: San Caetano, a Torre da Berenguela da Catedral e a Cidade da Cultura. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na tarde deste xoves no acendido dun programa que se prolongará ata o vindeiro luns 8 de xaneiro.

A maiores da Igrexa de Santiago Apóstolo en Padrón, tamén se iluminarán distintos monumentos do Camiño Portugués, Francés, Inglés, de Fisterra e Muxía e da Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla. Serán, en concreto, a Capela de Santa María Madalena en Ames, a Capela da Magdalena en Arzúa, a Igrexa de Santiago en Betanzos, o Edificio de Correos na Coruña, a Igrexa de Santiago de O Burgo en Culleredo, a Casa do Concello de Fene ou o Teatro Jofre de Ferrol. Tamén se iluminarán o Faro de Fisterra, a Capela de San Roque de Melide, a oficina de Turismo de Muxía e a de Santa María de Ordes. Completan a listaxe o centro cultural Fernando Casas de Novoa en Oroso, o Torreón dos Andrade en Pontedeume, a Capela da Virxe de Guadalupe en Rianxo. 

A iniciativa Acende o Camiño de Santiago enmárcase nas distintas accións que ten en marcha Turismo de Galicia nestas datas co seu produto de promoción Nadal en Galicia, que aglutina diferentes propostas que se celebran nas catro provincias e convida aos galegos e visitantes a coñecer o destino tamén nesta época festiva poñendo así en valor o seu potencial turístico.

Inclúense os beléns de Valga e de Begonte, ambos de interese turístico, xunto a outros situados en distintos lugares da comunidade galega, así como mercados navideños con artesanos, produtores, comerciantes que exhibirán e venderán os seus productos locais, pezas e colección de decoración nas principais cidades. Outras opcións de lecer familiar así como grandes espectáculos como OVO do Circo do Sol que conta co apoio económico da Xunta de Galicia e que se celebrará do 3 ao 7 de xaneiro en Santiago, así como visitas especiais a recursos como o Pazo de Lourizán, son outras das propostas que están recollidas nunha guía que se pode consultar na web de Turismo de Galicia.