Medalla de Ouro da Avogacía compostelá para o excomisario da Policía Nacional Enrique León
Distinguirá a Feafes e aos colexiados Ángel María García Fernández e Otilia Sánchez Garrido

O excomisario do Corpo Nacional de Policía Enrique León / cedida
O Colexio da Avogacía de Santiago celebrará o venres 5 de abril a súa festividade anual, San Raimundo de Peñafort, á que asistirán máis de 300 persoas. O acto central será no salón noble de Fonseca ás 19.00 horas. “E unha xornada moi especial para o colexio, a nosa gran festa e sobre todo un lugar de encontro para os colexiados, colexiadas e numerosas autoridades dos ámbitos xurídico, político e civil de Santiago e Galicia”, indica o decano do Colexio, o avogado Francisco Rabuñal.
No acto farase entrega da Medalla de Ouro do colexio a Enrique León Calviño, que foi comisario da Policía Nacional en Santiago, pola súa traxectoria profesional e a súa constante colaboración coa avogacía e co conxunto da xustiza durante moitos anos.
Despois de facer o bacharelato, Enrique León aprobou as oposicións a policía, e logo de traballar durante dous anos en Barcelona, en 1970 foi destinado a Vilagarcía de Arousa. En 1995 ascendeu a comisario xefe e en 1999 asumiu a xefatura da brigada da Unidade de Drogas e Crime Organizado de Galicia, adicándose a combater co seu equipo o narcotráfico en Galicia, principalmente a entrada de sustancias estupefacientes por vía marítima a través das rías galegas. En 2001 foi destinado como comisario en Santiago, onde permaneceu ata 2006. Nese momento, por motivos de idade, pasou á situación de segunda actividade sen destino, e aceptou a oferta de entrar en política. Presentouse como candidato socialista á alcaldía de Vilagarcía de Arousa, logo da retirada do anterior rexedor.
Premio de Dereitos Humanos
Por outro lado, o XIV Premio de Dereitos Humanos que concede o Colexio da Avogacía compostelá será para Feafes-Santiago, a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental, polo seu traballo para normalizar e mellorar a atención aos pacientes con doenzas mentais. Recibirán tamén a insignia de Ouro os colexiados Ángel María García Fernández e Otilia Sánchez Garrido, que cumpren 40 anos de exercicio profesional.
O acto completarase coa entrega de diplomas aos colexiados e colexiadas que cumpren 25 anos de exercicio profesional e a xura ou promesa de novos letrados e letradas. A xornada rematará cunha cea-baile para todos os participantes no hotel Puerta del Camino.
- El gallego licenciado en la USC por el que apuesta RTVE para presentar ‘Directo al grano’ tras los cambios de Javier Ruiz, Jesús Cintora y Gonzalo Miró
- La profesora compostelana que encontró su lugar en Australia: 'En Galicia deberíamos vivir más enfocados en nuestra naturaleza
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Un vehículo se sale de la vía en una calle de Santiago, se empotra contra un banco y deja varias personas heridas
- Cuatro orquestas y diez conciertos: la gran verbena con Los Satélites que llega esta semana a 30 minutos de Santiago
- La reina de las flores: un recuerdo a María Pardo
- Los compostelanos que resisten a la presión turística: vivir y trabajar en la zona vieja de Santiago