Santiago
Raxoi insta a Xunta a asumir os compromisos coa atención a persoas drogodependentes
A Fegamp rexeitou o convenio para financiar o servizo proposto polo goberno galego
A Consellería de Sanidade indica a súa vontade de “chegar a un acordo”

Reunión da Fegamp á que asistiu a concelleira responsable da UMAD, Pilar Lueiro / Cedida

O Concello de Santiago instou onte a Xunta a que asuma os compromisos para a prestación do servizo da Unidade Municipal de Atención a Drogodependencias (UMAD). Esta petición chega tras unha reunión da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), á que asistiu a edila responsable desta área, Pilar Lueiro, e na que os concellos rexeitaron o convenio proposto polo goberno galego dirixido a sufragar os gastos deste servizo porque “afecta de xeito negativo ao seu mantemento”.
Pola súa parte, fontes da Consellería de Sanidade consultadas por este diario, indicaron que a súa vontade é “chegar a un acordo, como se lles manifestou”. Así o departamento autonómico afirma que “se buscará a maneira que satisfaga a todas as partes”.
Un 70% do gasto total
Os municipios denunciaron que na proposta recibida “o importe previsto para os custos do servizo apenas supera os 4 millóns de euros anteriores, o que supón aproximadamente o 70% do gasto total que teñen as UMAD, que a propia Xunta de Galicia recoñece como competencia autonómica, pero que finalmente teñen que volver a ser os concellos os que garanten a prestación do servizo achegando recursos propios.”
Desta maneira, Raxoi engade que “a proposta de novo convenio aínda empeora as condicións anteriores, xa que segue sen cubrir o total do custo, e para 2024 a Xunta de Galicia pretende diferir o pagamento en dous prazos condicionados. Isto supón que os concellos con UMAD non só terían que financiar boa parte dun servizo que é competencia autonómica, senón que tamén deberían agardar máis tempo e realizar dúas xustificacións para poder recibir a contía económica”.
Asumir a xestión en xaneiro
Ademais, lembran que “a Xunta tiña o compromiso de asumir en xaneiro de 2024 a súa xestión”. Estes compromisos, apuntan, foron froito de máis de 25 xuntanzas mantidas coa Consellería de Sanidade desde a Fegamp e os 13 concellos que dispoñen de UMAD, e dunha resolución aprobada no Parlamento de Galicia en marzo de 2021.
Os 13 municipios amosaron o seu “malestar unánime” e a Fegamp concretou que Sanidade se comprometeu en 2022 a cubrir de forma directa as vacantes de persoal sanitario das UMAD que se vaian producindo por motivo de xubilacións e no prazo de 3 a 5 anos asumir todo o persoal sanitario destas unidades.
O presidente da Fegamp, Alberto Varela, lamentou que “os máis prexudicados son os usuarios das UMAD de toda Galicia”. Varela tamén exixiu “unha xuntanza co novo conselleiro de Sanidade en canto teña tomado posesión do seu cargo co fin de retomar a aplicación dos compromisos adquiridos no cronograma”.
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- Así es la tapa de oreja más popular de Santiago: 'Hacemos hasta 120 kilos a la semana
- El furancho que conquistó a la princesa Leonor a 50 minutos de Santiago: 'Tiene una de las mejores empanadas
- El Obradoiro conquista Coruña y parte del ascenso directo
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- Casi 55.000 jóvenes y jubilados compostelanos viajan gratis en bus metropolitano: un 16% más
- Este pueblo a media hora de Santiago busca vecinos: con trabajo y alquileres desde 400 euros


