Rueda, no CiQUS: "O desafío é reter talento investigador propio ofrecendo oportunidades”
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou esta mañá as instalacións do CiQUS e puxo en valor a necesidade de reter o talento dos investigadores en Galicia
Antonio López, reitor da USC, ve como prioridade a estruturalización da investigación

Lorena Rey / Antonio Hernández / Javier Rosende Novo

“Queremos interpretar esta visita como unha sinal de que nesta lexislatura vai haber unha clara aposta pola ciencia e a investigación na Universidade para repercutir no benestar de Galicia”. Con estas palabras agradeceu o director científico do CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares), José Luis Mascareñas, a visita ao centro durante esta mañá do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen estivo acompañado polo reitor da USC, Antonio López.
Tamén participaron no encontro a vicerreitora de Política Científica, Pilar Bermejo, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez; así como Mascareñas e a directora adxunta, Dolores Pérez Meiras.
O reitor da USC, Antonio López, puxo en valor o feito de que no novo organigrama da Xunta se integrara na Consellería de Educación a parte de Ciencia e Innovación. “A investigación que facemos nas universidades galegas representa máis do 70% de toda a investigación do país”, manifestou tras a visita aos distintos laboratorios do CiQUS. López reflexou que “é imprescinble darlle estrutura á investigación que facemos” e para iso necesítanse centros como o CiQUS “un referente” ao ser o primeiro da USC.
En palabras do reitor, é preciso un financiamento para a investigación de “carácter estructural e basal”.
Pola súa banda o presidente da Xunta declarou que agarda que esta sexa unha lexislatura “onde poidamos demostrar a aposta pola investigación”. Rueda afirmou que en Galicia “faise investigación excelente con excelentes investigadores e somos capaces de captar talento de fóra”. O reto está en intentar reter o propio “ofrecendo oportunidades”.
Rueda incidiu en que “en Galicia faise investigación de primeiro nivel e hai que poñer os medios para que isto vaia a máis”. Aposta por darlle estabilidade aos investigadores, o que nunha parte vai depender de financiamento externo. “Dende a Administración autonómica temos que cumprir porque un país que adica cartos á investigación vai progresar e ter resultados inmediatos”, dixo.
Para rematar a súa intervención, Rueda anunciou que no Consello do vindeiro luns renovarase o convenio co CiQUS.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal
