Primavera de portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia

As Rutas do Viño abren as súas portas por Primavera

» Turismo de Galicia organiza cinco fins de semana con visitas gratuítas a adegas e centos de actividades para amosar que o viño en Galicia é moito máis que viño, con ofertas especiais en comida e aloxamento

Vendimia heroica na Ribeira Sacra.

Vendimia heroica na Ribeira Sacra. / BRAIS LORENZO

B.C

Xa sabes que Galicia é terra de viños (e de que viños!), pero coñecías que na nosa comunidade temos ata cinco Denominacións de Orixe vitivinícolas? E que cada unha delas conta, a súa vez, cunha Ruta do Viño para poñer en valor todo o seu potencial enoturístico? 

Rías Baixas, en Pontevedra; Ribeiro, Valdeorras e Monterrei, en Ourense; e, por suposto, a Ribeira Sacra, entre Ourense e Lugo, son berce de grandes brancos e tintos, recoñecidos pola crítica e os concursos máis prestixiosos de medio mundo; etiquetas viaxeiras que namoran nos recunchos máis afastados, pero que, con todo, exprésanse aquí, onde nacen as castes coas que son elaborados, coma en ningures. 

Para amosar precisamente iso, que non hai destino para gozar dos nosos brancos e tintos como esta terra, fronte as súas impoñentes paisaxes e miradoiros, maridados coa súa gastronomía — peixes, mariscos, carnes, queixo, pan e moito máis—, onde son quen de contarnos a nosa orixe e a nosa historia, chega unha iniciativa de turismo activo que che vai alegrar a primavera, e o ano, con centos de actividades. 

Maio e xuño chegan con gran sabor de boca!

Turismo de Galicia, en colaboración coas Asociacións das Rutas dos Viños de Galicia, vén de anunciar a posta en marcha da Primavera de portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia, coa que, de maneira conxunta nos cinco territorios vitivinícolas galegos, levarase a cabo un completo programa de actividades de enoturismo, que xa podes consultar ao completo e reservar en: www.turismo.gal.

Deste xeito e durante cinco fins de semana (unha por cada Ruta do Viño de Galicia) entre os meses de maio e xuño poderás facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción da man dos Buses do Viño, que volven tras o éxito colleitado en edicións anteriores para brindarnos a oportunidade de coñecer as adegas galegas da man de visitas gratuítas. 

Nas portas abertas das Rutas dos Viños de Galicia tamén atoparás restaurantes onde poderás escoller entre dous menús concibidos particularmente para esta ocasión, e aloxamentos con ofertas especiais para a fin de semana.

Ademais, cada ruta conta cun programa especial de actividades para a fin de semana: catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais, paseos en barca, yoga entre viñedos e outras accións relacionadas co mundo do viño son só algúns exemplos de actividades das que se poderá gozar durante a iniciativa, das que xa podes consultar o programa completo e reservar en: www.turismo.gal.

Ruta de Valdeorras: do 5 ao 7 de maio

Deste xeito, a primeira ruta en festexar as súas portas abertas será Valdeorras (Ourense), que se prepara xa para acoller aos seus visitantes durante a fin de semana do 5 ao 7 de maio. Unha oportunidade única para coñecer de preto as adegas da comarca, visitar as súas emblemáticas covas e gozar da perfecta simbiose entre viño e historia da man das súas rutas enoculturais. 

Unha cita na que tampouco faltarán as catas comentadas maridadas con música, os paseos polo Camiño de Inverno ou mesmo as rutas de e-bike polo Parque Natural Serra da Enciña da Lastra. Plans nos que, en definitiva, os aromas e sabores da godello e da mencía converteranse no aliado perfecto para coñecer e coñecernos. 

Ruta do Ribeiro: do 12 ao 14 de maio

Xa a fin de semana do 12 ao 14 de maio, pola súa banda, chega unha nova edición das Xornadas de portas abertas na Ruta do Viño do Ribeiro, cheas de actividades e experiencias para gozar do enoturismo nas terras da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia, famosa por acubillar algúns dos mellores viños blancos do mundo. 

A oportunidade perfecta para achegarse aos museos da zona, entre os que se atopa o Museo do Viño de Galicia, e os seus routeiros monumentais, ademais de gozar do senderismo polo Camiño do Viño, paseos en barca, e, por suposto, aproveitar os descontos nos aloxamentos e restaurantes da comarca. 

Ruta de Rías Baixas: do 19 ao 21 de maio

Música, gastronomía, paisaxe, historia, deporte e natureza; a pé, en bici, en barco e mesmo catamarán…Tantas e moitas máis son as formas nas que se pode coñecer o viño de Rías Baixas e a todas elas poderán achegarse os interesados da man desta Primavera de portas abertas que chegará á ruta pontevedresa durante os días 19, 20 e 21 de maio. 

Unha cita na que albariño e outras castes autóctonas maridaranse con concertos a bordo no Miño, rutas de cicloturismo por O Salnés, catamaráns na Ría de Arousa e mesmo yoga entre viñedos, entre centos de propostas que non deixarán lugar a dúbidas: non hai lugar para degustar un albariño coma nestas terras, fronte ao Atlántico. 

Ruta de Ribeira Sacra: do 26 ao 28 de maio

A Ruta do Viño de Ribeira Sacra, terra heroica coñecida polo esforzo e amor pola terra dos seus viticultores e a beleza dos viñedos ao pé do Miño e o Sil, cóntanos a súa historia en adegas, museos, centros de interpretación, miradoiros e patrimonio histórico.

E vádelo poder comprobar por vos mesmos entre o 26 e o 28 de maio, cando chegará a quenda das portas abertas da Ruta do Viño Ribeira Sacra, onde os seus viños maridarán co senderismo en Monforte, o catamarán no Sil, unha viaxe en lancha no Miño ou a maior concentración de Románico rural de Europa, ademais de catas comentadas bautizadas con títulos tan suxerentes coma “Parellas sumamente pracenteiras”. 

Ruta de Monterrei: do 2 ao 4 de xuño

Aquí nacen algúns dos godellos e mencías que máis che gusta saborear cando vas de pinchos. A Denominación de Orixe Monterrei, en Ourense, terra de Entroido e historia, non deixa de crecer e imos poder coñecer a súas adegas e paisaxes mellor que ben cunha proposta na que o viño chegará maridado de actividades tan atractivas como a observación astronómica, a cerámica ou as rutas polos lagares rupestres, que dan boa conta de como e por que o viño aquí vén de lonxe. Ademais e tamén durante a fin de semana do 2 ao 4 de xuño, o Castelo de Monterrei acollerá un túnel do Viño no que estarán presentes todas as súas adegas. 

Non precisas máis para empezar a primavera con bo pé e mellor sabor de boca. Consulta o programa da Primavera das portas abertas das Rutas dos Viños de Galicia para maio e xuño ao completo e reserva a túa opción favorita en www.turismo.gal para pasar unha fin de semana inesquecible en torno á cultura e á paisaxe do viño en Galicia. 

[object Object]

O viño galego está de moda e senón que llo pregunten a Turismo de Galicia, que, con motivo da Primavera de portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia, vai organizar nas súas Redes Sociais — @Turgalicia e @turismodegalicia— varios concursos en cada unha das cinco Rutas do Viño galegas: Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei. 

Certames nos que sorteará varios premios para gozar do enoturismo galego por todo o alto con propostas como unha noite de aloxamento para dúas persoas en cuarto dobre nalgúns dos establecementos asociados participantes. Todo isto sen esquecer o xantar do día seguinte incluído por cortesía dos restaurantes socios da Ruta. 

Gañar é moi sinxelo: só tes que seguir as redes sociais de Turismo Galicia, participar e agardar a ser un dos gañadores dos concursos organizados!

[object Object][object Object]

As parras de albariño conxúganse aquí coa paisaxes de costa das Rías Baixas e os mellores pescados e mariscos para ofrecer unha experiencia sen igual, con centos de propostas de turismo activo e inesquecibles solpores no Atlántico. Consulta a web da Ruta do Viño Rías Baixas para gozar do enoturismo nunha terra única.

[object Object]

[object Object]

Terra de mencía, a Ruta do Viño da Ribeira Sacra regálanos unha desas paisaxes que hai que ver ao menos unha vez na vida. Aos impresionantes viñedos en bancais, que caen a ata 80 graos sobre o río Sil, súmanse a maior concentración de Románico rural de Europa e centos de miradoirospara deixarnos sen fala. A pé, en bici, en barco e mesmo a cabalo. Ti elixes como, pero tes que ir. 

[object Object]

Situada na antiga Vía Nova e parada imprescindible do Camiño de Inverno, a comarca Valdeorras é famosa por elaborar os mellores godellos de España. Terra de vinos desde tempos dos romanos, ofrece ao enoturista aldeas de conto, históricas covas e rutas de senderismo polos seus impresionantes vales e montañas. Consulta a web da súa Ruta do Viño e prepárate para gozar.

[object Object]

TEMAS