Os ópticos optometristas galegos repartiron información das lentes de contacto en Santiago
Instalaron unha carpa informativa na Praza Roxa

No centro, Esther Amaro, diante da carpa da Praza Roxa / ECG
REDACCIÓN
O Día Mundial da Visión celebrouse onte e o Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia quixo adicarllo ás lentes de contacto. A presidenta do Colexio, Esther Amaro, e outros compañeiros da xunta de goberno do organismo, presentaron a efeméride nun stand informativo situado no Ensanche compostelán, na Praza Roxa, e estiveron acompañados neste acto polo tenente de alcaldesa de Santiago, Xesús Domínguez.
Na carpa estiveron dúas voluntarias estudiantes de Óptica e Optometría que repartiron información sobre as lentes de contacto a todas as persoas interesadas que se achegaron ata este punto informativo.
Esther Amaro indicou que, a pesar de levar moitos anos celebrando o Día Mundial da Visión, “esta edición es excepcional al ser la primera que celebramos siendo Colexio Oficial”. Destacou ademais o labor de concienciación que os profesionais ópticos optometristas realizan coa poboación para salientar a importancia da saúde visual. “Los ojos aportan a nuestro cerebro el 80% de la información que recibe, por lo que es fundamental mantener una buena salud visual en todos los aspectos y actividades de nuestra vida” , apuntou.
A presidenta do Colexio de novo solicitou a creación da categoría de óptico-optometrista en Atención Primaria e a súa inclusión na carteira de servizos do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
Ao respecto desta cuestión, o pasado xoves o Parlamento de Galicia aprobou a proposta socialista para pedirlle á Xunta a integración dos ópticos optometristas no SERGAS, a través dunha incorporación progresiva e sistemática.
O Colexio explica que as lentes de contacto, coñecidas popularmente como lentillas, son produtos ópticos sanitarios que actúan en íntima relación coa córnea, flotando sobre ela, e insertadas na capa lagrimal formando un único sistema óptico continuo. Representan un concepto diferente no que respecta ao tratamento das anomalías visuais en comparación coas lentes oftálmicas, é dicir, a lente para gafas, sin limitar o campo de visión nin modificar o tamaño da imaxe.Os optometristas apuntan que estos dispositivos poden compensar calquera tipo de erro refractivo, desde hipermetropía, miopía, astigmatismo e incluso presbicia.
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Chisco Lema, veterinario experto en lobo: 'Hay manadas especializadas en cazar perros
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- La patronal acepta la mediación pero de momento la huelga de buses se mantiene en Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?