As conclusións do Foro Rural Sustentable apuntan cara á mellora da calidade de vida da súa poboación

A directora de Agader recibiu as propostas que saíron do encontro

O evento foi apoiado por Corporación Hijos de Rivera

Marcos Pérez le entrega las conclusiones a Inés Santé

Marcos Pérez le entrega las conclusiones a Inés Santé / cedida

Redacción

O Foro Rural Sustentable reuniu este verán, na súa primeira edición, a iniciativas rurais, investigadores, empresarios e representantes da sociedade civil para promover a sustentabilidade do rural a través de propostas de prosperidade que buscan solucións en áreas como a produción agroalimentaria, a conservación dos servizos ecosistémicos, a prosperidade da poboación, a calidade de vida e a preservación do patrimonio cultural.

Organizado pola Fundación Galicia Sustentable e impulsado por Corporación Hijos de Rivera, o encontro contou con diversos formatos de participación que permitiron facer unha análise moi detallada da situación actual do rural dando voz a múltiples actores presentes no medio que fixeron propostas concretas e recomendacións para promover a sostibilidade a nivel local e global.

Este proceso de escoita, deseñado desde o propio rural, busca xerar alianzas, compartir coñecemento e promover cambios regulatorios que contribúan á prosperidade do rural.

Demandas básicas

Un panel de relatores de perfís diversos marcou un contexto sobre a situación actual no rural. Sobre as súas achegas perfiláronse as conversacións cos participantes sobre as que se traballou nas propostas que foron presentadas á directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Inés Santé, por parte de Marcos Pérez, director da Fundación Galicia Sustentable.

Estas propostas resumense na solicitude dun impulso na posta en marcha dos instrumentos da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, en especial no que ten que ver co movemento e disponibilización de terras.

Os participantes reclamaron potenciar o servicio público de intermediación para favorecer a recuperación terras agroforestais abandoadas para a actividade productiva e promover o Banco de Explotacións para fomentar o emprendemento agroforestal, además de apoiar a mellora da competitividade dás explotación agroforestais e das industrias complementarias.

Así mesmo, propuxeron trasladar ás institucións públicas a necesidade de considerar as características e necesidades específicas do rural á hora de redactar lexislación sectorial e continuar a flexibilizar os trámites administrativos para explotacións e actividades rurais cando estas son de pequena dimensión.

Canle de escoita aberta

Inés Santé incidiu en que unha parte importante das propostas xa están incluídas nos programas que está a desenvolver a Consellería do Medio Rural. A directora de Agader destacou as repercusións da Lei de recuperación da terra agraria que, coas figuras que recolle –aldeas modelo ou polígonos agroforestais–, ademais do labor implementado a través das concentracións parcelarias, permitiu poñer en valor nos últimos anos 35.000 hectáreas en toda Galicia.

Para seguir avanzando nos seus obxectivos de desenvolvemento do rural, a Consellería do Medio Rural mantén un constante diálogo e colaboración cos actores que operan no territorio, como é o caso da Fundación Galicia Sustentable.

O Foro Rural Sustentable é un evento da Fundación Galicia Sustentable, impulsado por Corporación Hijos de Rivera para favorecer o encontro de ideas e propostas que proveñen directamente de iniciativas que están a realizar unha contribución á sustentabilidade do rural. Trátase dun evento de carácter anual que reúne a expertos, profesionais, investigadores, empresarios e representantes da sociedade civil para discutir e promover a sustentabilidade do rural.