O Partido Popular de Compostela levará ao Pleno do luns 29 unha iniciativa para que se incorpore a plataforma Bizum ao pagamento de tributos municipais. A pretensión do PP é a de "modernizar a Administración local", sobre este asunto Constenla afirma que os constantes anuncios do Goberno local "son irreais" e considera que están cheos de "atascos, ineficacia e ineficiencia".