A Xunta insta ó Concello de Ribeira a ceder unha parcela para construír o novo centro de saúde
Suso Souto
A xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Eloína Núñez, acudiu este venres a Ribeira para visitar o centro de saúde e buscar alternativas temporais para ampliar o actual espazo de atención sanitaria.
A xerente compostelá considera que a mellor opción para a atención sanitaria dos veciños de Ribeira é a construción dun novo centro de saúde, para o que reiterou a petición de posta a disposición de terreos ao Concello, como é habitual con todos os municipios, para poder acometer este proxecto, prioritario para a sanidade pública galega. Eloina Núñez subliña que acadar estes terreos coa capacidade construtiva necesaria “debe ser complicado, pero considero que non imposible” para que os ribeirenses poidan contar cun centro de saúde cos requisitos e avances do século XXI, tal como xa se beneficiaron concellos como A Estrada ou Ames, recentemente.
Así, tal e como xa se lle remitira ao concello por escrito, o novo centro de saúde de Ribeira está previsto pola Xunta no Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado en outubro de 2021. O Novo centro duplicará o espazo actual, para poder ampliar la servizos ademais de mellorar as instalacións. Contémplase un centro que incrementa as consultas de médico de familia, pediatría e urxencias extrahospitalarias.
Tamén permitirá que a poboación de Ribeira conte con novas prestacións como a de hixienista dental, unha sala de educación sanitaria, unha área de fisioterapia ou unha área de saúde mental, que non se poden instalar no centro actual por falta de espazo. A suma destes novos servizos, máis a revisión do tamaño actual, arroxa unha necesidade que ascende ata os 3.774 m2 de edificabilidade total.
Actualmente, o Sergas ocupa 1.370 m2, situados na Casa do Mar de Ribeira.
Na visita desta mañá, a xerente estivo acompañada polo director de atención Primaria, Felipe Calle, e a directora de recursos económicos, María José López Rebollo, da área sanitaria, e mantiveron unha reunión coa xefa de servizo e a coordinadora de enfermería de Ribeira, Raquel Martínez Bugarin e Ángeles Mera. Accederon ás instalacións da Casa do Mar ocupadas por Política Social para valorar a busca de solucións temporais que permitan ampliar a capacidade do actual centro, á espera dos novos terreos para poder construír un novo centro.
Estes novos espazos adicionais, permitirían ampliar, temporalmente, a atención pediátrica e a área sanitaria Muller.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- El gesto viral de Tiagos Churrasco con los estudiantes de la biblioteca Concepción Arenal de la USC
- Degustaciones a precios populares y ‘triunfitos’ para una Festa do Galo de Curral de Cruces que llegará este fin de semana
- Teo distingue os seus novos fillos adoptivos que 'dan a coñecer o Concello ao resto do mundo
- Las piscinas del Monte do Gozo ya tienen fecha de apertura y precios para este verano
- O Son do Camiño: Concello de Santiago y Delegación del Gobierno ‘diseñan’ el plan de seguridad para el festival
- Previsión del tiempo para el O Son do Camiño en Santiago 2024
- Esta es la catedral más excepcional de España según National Geographic y no, no es la de Santiago