Vinte exquisitas empanadas de rodaballo caseiras competiron no tradicional concurso de Merexo

A escritora Guadalupe Vázquez amadriñou o certame

Rendeuse homenaxe ao poeta local Manuel Trillo Santiago

Asistentes á segunda edición do concurso empanadas de rodaballo de Merexo, en Muxía

Asistentes á segunda edición do concurso empanadas de rodaballo de Merexo, en Muxía / M. Sambade

J. M. Ramos

O segundo concurso de empanadas de rodaballo de Merexo (Muxía), organizado pola asociación de veciños Monte da Urxeira, en colaboración con Prodemar e Stolt Sea Farm, volveu a ser un éxito. Participaron vinte persoas coas súas personais receitas, resultando premiadas, por este orde, as empanadas elaboradas por Rosalía, Margarita e Solita.

A escritora Guadalupe Vázquez Formoso amadriñaou o evento e foi a encargada de entregar tamén premios aos nenos e nenas do colexio de Os Muíños que participaron no concurso de debuxos para o cartel anunciador do certame.

O acto, que serviu igualmente de homenaxe ao poeta local Manuel Trillo Santiago, foi amenizado por Manolo Delfín, que deleitou aos presentes coa súa música.

Ao encontro gastronómico asistiron arredor dun cento de persoas, entre as cales se atopaban o alcalde de Muxía, Iago Toba; a voceira do PP, Sandra Vilela, e o seu homóglo de Independentes por Muxía, Javier Sar, asi como Carlos Tavares, en representación da empresa Prodemar.