Seis estudantes do instituto de Muxía porán en órbita un satélite sostible, inclusivo e artístico
Presentaron o seu proxecto ao desafío CanSat
J. M. Ramos
O Club de Ciencias do IES Ramón Caamaño, a través do equipo Muxía en Órbita, presentou un proxecto ao desafío CanSat, o programa da Axencia Espacial Europea que reta ao alumnado a deseñar un satélite do tamaño dunha lata de refresco. O equipo está conformado por seis rapazas que idearon “un proxecto sostible, inclusivo e artístico. É destacable o feito de que sexa un equipo exclusivamente feminino, reivindicando o papel das mulleres na ciencia”, afirma ao respecto Carlos López , profesor de Física e Química.
Dotarán ao seu satélite dun sistema de recuperación de enerxía, aproveitando a diferenza de temperatura entre o interior e o exterior do dispositivo e empregando os materiais termoeléctricos. Ademais, crearán unha melodía a partir dos datos que proporcionan os diferentes sensores valéndose da intelixencia artificial. Deste xeito, facilitarase o acceso á ciencia a persoas con limitacións visuais. O proxecto permitirá tamén “levar máis lonxe a marca Muxía e os seus elementos representativos”, subliña López Bueno.
- Altercado entre un chófer de la línea 6 y viajeros extranjeros en la parada de O Hórreo: 'Querían subirse sí o sí
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- Rodolfo Porto, de Talleres Cholo: 'Por mucho ordenador que haya, los hierros de los vehículos hay que arreglarlos”
- Adiós a colgar las lámparas: la alternativa de Ikea no necesita instalación y aporta más luz
- ¿Cuánto gana Santiago con O Son do Camiño? La organización estima 400 euros de gasto por asistente
- Buscan a los cacos que destrozaron un restaurante de Novo Milladoiro para robar cien euros
- Cientos de vecinos reclaman cambios en el Plan Xeral de Santa Comba ante las sanciones y trabas para cultivar eucalipto
- Así es el vídeo viral del momento en Santiago: un pintor de carreteras estalla contra los autobuses urbanos en Fontiñas