FOTOGRAFÍA
'Pura e Herminia' outorgan a Mónica Vila o primeiro premio do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís de Carballo
Antonio Gutiérrez, José Manuel Pérez e María Goretty Vázquez fixéronse cos outros tres galardóns
A entrega das distincións será o xoves, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura
J. M. Ramos
A fotoxornalista Mónica Vila Ferreirós (Vilanova de Arousa) é a gañadora do XXVI Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, de Carballo, no que tamén foron seleccionadas as obras de Antonio Gutiérrez Pereira, segundo premio; José Manuel Pérez Pena, premio especial Carballo, e Mª Goretty Vázquez Rodríguez, accésit. O acto de entrega dos galardóns celebrarase o xoves 25, ás 20.30 horas, na Sala Alberto Gende do Pazo da Cultura, que acollerá ata o 14 de xuño unha mostra coas fotografías gañadoras e unha selección realizada polo xurado entre todas as obras presentadas.
Mónica Vila Ferreirós estudou fotografía artística na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago e imaxe na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Desde 1998 vén colaborando con numerosos medios de comunicación. Entre os recoñecementos que ten recibido destaca o Premio Galicia de Fotografía Deportiva 2005. No certame Xosé Manuel Eirís acada o primeiro premio, dotado con 1.500 euros e diploma, pola fotografía titulada Pura e Herminia.
O segundo, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz, está dotado con 750 euros e diploma, e este ano corresponde ao vigués Antonio Gutiérrez Pereira pola fotografía Okupas. Antonio Gutiérrez é un vello coñecido do certame Xosé Manuel Eirís, xa que no ano 2018 gañou un accésit e no 2020 gañou o primeiro premio.
O Premio Especial Carballo, dotado on 500 euros e diploma, e patrocinado por Interfilm Carballo, marcha este ano para o concello de Ames, de onde é José Manuel Pérez Pena, autor da fotografía seleccionada: Punto de vista.
Tres dos catro premios deste ano van para a provincia de Pontevedra, porque o xurado tamén decidiu conceder un accésit de 300 euros e diploma a María Goretty Vázquez Rodríguez, de Tui, pola fotografía Sen título.
O xurado, que se reuniu o 11 de abril no Pazo da Cultura, estivo integrado por Maruxa Suárez Cotelo, concelleira de Cultura, como presidenta; Xan Fernández Carrera, escritor, investigador e divulgador da Costa da Morte, en representación do Instituto de Estudos Bergantiñáns; Ángel Cordero Gómez, fotógrafo e profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña; Vanessa Casteleiro Martínez, fotoxornalista; Marcos Rodríguez Cotelo, fotógrafo; Marta Rodríguez Valverde, creadora de artes visuais e performance, e Carmen Castro Pombo, xefa do servizo de cultura do Concello de Carballo, como secretaria.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- Ocio nocturno en Compostela: un viaje nostálgico a la era dorada de los 80 y 90
- Así es el original mirador de Santiago que permite sacar la fotografía más buscada de la Catedral
- El creador de ‘El caso Asunta’ revela nuevos detalles de la ficción que narra el crimen más mediático de Santiago de Compostela
- Acciona se asocia con Nissan para la distribución en Europa de su nuevo nanocar Silence S04
- Así es el impresionante palacete que recuerda a Downton Abbey: a la venta en Santiago de Compostela
- Detenido un joven en un piso de Santiago tras intervenirle cinco kilos de hachís y un centenar de pastillas
- Las ventas de coches cierran el primer cuatrimestre en Galicia con un aumento de casi el 16%, el doble que en España