O PP de Teo aproba delegar na Xunta o reforzo policial, pero rexeita a moción contra Altri no Ulla
O argumento popular foi que vai beneficiar a unha comarca deprimida, como é a da Ulloa
Dende o goberno instalarán pasos de peóns e usarán radares tras eliminar lombos viarios
O pleno de Teo do mes de abril viu aprobada a cesión á Xunta da convocatoria de prazas de Policía Local para aumentar en dúas as deste municipio, pero non apoiou a moción do PSOE –anteriormente tentara presentala por urxencia o BNG– para amosar o rexeitamento local ao proxecto de industria téxtil e de celulosa de Altri en Palas. O PP empregou os seus 9 votos fronte aos 8 da oposición co argumento de que beneficia “a unha comarca deprimida”, como a da Ulloa.
Segundo salientaban os nacionalistas, “toda a oposición votou a favor, a excepción do PP, que negou a posibilidade de contaminación e indicou que será unha mellora” para o seu entorno. Outro dos puntos a tratar na orde do día foi unha corrección, que o goberno local atribúe a un erro material, nas bases de execución do orzamento de 2024.
Así, no documento presentado polo executivo municipal en xaneiro aparecía destinada unha subvención nominativa para actividades de estimulación do Alzheimer á fundación Foltra. “Tras as queixas e o malestar amosado por numerosas familias e usuarios do servizo, o BNG de Teo levou o tema a dous plenos anteriores e o PP indicou que todo era un bulo, e que o servizo en todo momento se expuxo con Agadea, que a Foltra só se lle pediu un orzamento”, indican. Deste xeito, na sesión tívose que votar para cambiar a verba “Foltra” por “asociación Agadea”, “a pesar de que só era un bulo”, din, engadindo que “xa van varias modificacións dun orzamento sacado adiante en xaneiro con maioría absoluta”.
Turno de ruegos
Por último, o BNG informou en rogos e preguntas da necesidade da relocalización de diferentes contedores en Constenla, na travesía de Cacheiras e en Ameneiro. Tamén preguntou polo amontoamento das marquesiñas retiradas na zona verde da Casa Común de Lucí. Ademais, alertou ao goberno dunha zona perigosa e sen entubar no lugar das Cruces, que xa provocou algún accidente. Tamén lle pediu o mantemento e coidado dos lavadoiros. No que atinxe á supresión dos lombos viarios en varias estradas, os populares informaron que colocarán pasos de peóns e radares móbiles.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- Cesa el equipo directivo por los problemas de convivencia que lleva meses sufriendo el Instituto do Milladoiro
- El eucalipto de Galicia prepara su camino para convertirse en ropa
- Lavacolla se prepara para recibir a los viajeros de los vuelos desviados por el cierre de Peinador
- Devuelven unos 4.000 euros que escupió un cajero automático en Lalín tras ingresarlos un vecino
- La nueva tableta de chocolate con galleta revoluciona Mercadona: cuesta 1€ y dicen que es mejor que el de Nestle
- Este es el barrio más caro de Santiago para comprar una vivienda
- Crónica social compostelana | La familia De la Iglesia se reúne en honor a sus padres