FOTOGRAFÍA

Rostros e costumes inmortalizados pola cámara de Marcos Rodríguez

O fotógrafo carballés, afincado en Cee, retrata un presente cada vez máis pasado da Costa da Morte no libro ‘Finis Terrae’

Unha obra na que “calquera galego se pode sentir identificado”, afirma

Recolle cento setenta imaxes captadas desde 2007

Marcos Rodríguez amosando a portada o seu libro 'Finis Terrae'

Marcos Rodríguez amosando a portada o seu libro 'Finis Terrae' / M. R.

J. M. Ramos

“O único que nos queda son os recordos, fagámolos imborrables”, afirma Marcos Rodríguez, fotógrafo carballés afincado en Cee, no seu perfil profesional. Fiel á súa filosofía vén de inmortalizar con cento setenta fotografías un presente cada vez máis en pasado con forma de retratos, miradas, costumes, rituais e tamén paisaxes, maioritariamente da Costa da Morte, aínda que “calquera galego que as contemple pode verse identificado”, afirma.

Unhas imaxes en branco e negro, agás unha dunha posta de sol en Fisterra, captadas ao longo da súa traxectoria profesional dende 2007 e que a Editorial Canela recolleu no libro Finis Terrae, como parte da colección Imaxes dun país, que xa foi presentado en Carballo e Cee.

Portada do libro de fotografías 'Finis Terrae' de Marcos Rodríguez

Portada do libro de fotografías 'Finis Terrae' de Marcos Rodríguez / Cedida

Unha obra ilustrada na portada co rostro de María, unha veciña de Santa Mariña (Camariñas), un retrato que foi o xerme da exposición Asunción, María José. Xente anónima con nome propio, que, á súa vez, exerceu de trampolín para inmortalizar no libro a ollada curiosa de Marcos Rodríguez sobre unha realidade que está a desaparecer.

Nos últimos anos pasamos do loito rigoroso, o pano á cabez e a boina aos forros polares de Decathlon

Marcos Rodríguez

— Fotógrafo

Un bo día, Marcos topouse con María e chamoulle á atención o seu rostro, a súa vestimenta, o pano á cabeza “e pedinlle se lle podía facer unha foto”. Non só aceptou, senón que aí naceu unha relación de amizade con María e co seu home, José. “Leveille unha copia á súa casa e o marido díxome que se lle facía as fotos por vellos que fose onde Ramona, a súa veciña de 90 anos”, que é outra das protagonistas da obra. A partir de entón foi xuntando imaxes coas que organizou a referida exposición, “pero nunca pensei en facer un libro”, afirma.

Imagen tomada en Costa de Marfil con la que ganó la Cámara de Oro de los European Photographer de 2019

Imagen tomada en Costa de Marfil con la que ganó la Cámara de Oro de los European Photographer de 2019 / M. Rodríguez

Rostros, costumes e, en definitiva, imaxes que reflexan unha realidade “que agora é difícil ver e está a desaparecer, xa que o loito rigoroso de antano, o pano á cabeza ou a boina están a desaparecer e deron paso aos forros polares de Decathlon”. O mesmo cre que pasará con algunhas tradicións que aínda perviven, e que recolleu tamén na súa obra, como “a xente que da voltas arredor dun cruceiro en San Campio, ou a representación do Berro Seco de San Fins, en Cabana de Bergantiños. Non me imaxino que a xente moza de hoxe o poida ver dentro de corenta anos”.

Marcos Rodríguez gañou a prata na World Photographic Cup no 2015 e foi elexido mellor profesional europeo tres anos consecutivos

Por iso considera necesario manter viva na memoria histórica unha realidade que, inevitablemente, transforma a evolución. Un proceso evolutivo que, segundo Marcos, tamén é patente nas propias fotografías, que foron tomadas con distintas cámaras e “a calidade técnica é apreciable entre as máis antigas e as máis recentes, polo que decidín non retocalas para que se vexa tamén esa diferenza”, afirma Marcos Rodríguez.

Refugiados ucranianos acogidos en una misión solidaria liderada desde Costa da Morte en la que participó el fotógrafo

Refugiados ucranianos acollidos nunha misión solidaria liderada desde Costa da Morte á que se sumou o fotógrafo / Marcos Rodríguez

Asegura que non é partidario de non alterar a realidade. “Anos atrás era habitual retirar as botellas para que non saísen nas fotos, pero se hoxe tivésemos unha imaxe de hai 30 anos cun envase de Mirinda ou Soberano, iso hoxe sería un tesouro”. Marcos Rodríguez aposta ademais polo branco e negro para este tipo de imaxes “pois permite realzar as persoas, as súas caras, as engurras...”.

Quenes desexen gozar desa parte da historia en imaxes, poden facerse cun exemplar de Finis Terrae adicado persoalmente polo seu autor a través da web https://marcosrodriguez.es/producto/finisterrae.