Opinión | Olladas ao País
Limitarmos a prisión preventiva
Nas democracias europeas a prisión provisional ou preventiva é unha medida cautelar que permite prender, sen sentenza definitiva, a unha persoa acusada dun delicto grave cando existen pegadas da súa comisión ou ben a persoa xa foi condenada por unha sentenza aínda non definitiva por ter sido recorrida. Os sistemas xurídico-penais occidentais restrinxen a posibilidade da adopción desta medida cautelar de xeito que se convirte sempre nunha medida excepcional. Ao abeiro da Lei de Axuizamento Criminal que rexe no Estado só habería adoptarse se non é viábel unha outra medida cautelar menos agresiva para a liberdade persoal.
Dende 2003, esta excepcionalidade esixe, ademais, que en calquera caso exista tamén, i) quer un risco grave de fuxida, ii) quer un risco substancial de agresión á vítima ou de comisión doutros delictos contra doutras persoas ou iii) un risco de destruir ou alterar as probas do eventual delicto.
O futbolista brasileiro Dani Alves, condenado a 4 anos e 6 meses de cárcere por agresión sexual pola Audiencia de Barcelona, apelou esta sentenza perante o TSX de Catalunya e pediu, mentres se tramite este recurso (e o ulterior de casación perante o Tribunal Supremo), deixar sen efecto a prisión preventiva que se acordara a respecto del. A Audiencia que o condenou acordou deixala sen efecto, malia que adoptara a xeito de medidas cautelares substitutivas, unha fianza dun 1M€, a retención dos seus pasaportes español e brasileiro e a obriga de se presentar xudicialmente todas as semanas.
A pena imposta na instancia a Alves é das mínimas posíbeis (de 4 a 12 anos de cárcere para toda agresión sexual con acceso vaxinal), seica só instrumentábel pola atenuante de reparación do dano ao aboar o brasileiro unha-serodia-indemnización. Malia este detalle compre salientar, como axuizamento positivo, que a sentenza pon o consentimento como chave de toda aplicación da lei penal ás agresións sexuais.
Pois ben, condenado xa Alves a esa pena, o cárcere preventivo só podería acadar a metade da pena imposta, é dicir 2 anos e 3 meses. Diante desta regra de aplicación hai dous posicionamentos xurídicos: i) cómpre alongar a preventiva até a metade da pena imposta na primeira instancia, tendo en conta a alta probabilidade de que Alves sexa culpábel; total xa estaria pagando a pena anticipadamente e ii) compre arbitrar as medidas cautelares precisas para anular ou diminuir moi substancialmente o risco de fuxida que ten unha persoa destas características persoais, axenda e patrimonio.
No noso sistema xurídico e nos demáis do Consello de Europa o dilema só ten unha resposta: adoptarmos outras medidas cautelares. Quer incrementarlle esa curta fianza de 1M€, quer porlle a ese suxeito un dispositivo de localizamento permanente. Esixir as medidas máis gravosas fronte ás condutas delictivas só beneficia ás forzas políticas que queren desfacer a democracia e as liberdades.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La tienda temática de Harry Potter más grande de España abre sus puertas en Santiago
- La Urbana llega a Santiago: el nuevo local de hamburguesas abrirá esta semana en Cancelas
- La afición del Obradoiro quiere a Moncho, pero su futuro parece estar lejos de Sar
- La heredera de Rosario Porto logra vender el chalé de Teo donde fue asesinada Asunta
- Llegan las primeras despedidas en el Obradoiro tras el descenso
- El jefe de la Policía Nacional de Santiago cesa de su cargo y se va a la Comisaría de La Rioja
- Una leyenda del Obradoiro se despide