O programa Teatro Foro aborda no IES Rosalía a adicción da mocidade a videoxogos e apostas
Na iniciativa da concellaría de Xuventude participan este curso máis de 200 alumnos-actores e arredor de 400 espectadores
O IES Rosalía de Castro acolleu onte unha sesión do programa Teatro Foro, que organiza a concellaría de Xuventude que lidera a edil María Rozas. O obxectivo deste programa, de carácter participativo, é o de achegarlle á mocidade ferramentas para que poidan abordar temas que lle afectan de maneira directa, como foi no caso desta xornada a adicción aos videoxogos e ás apostas.
Inspirado no Teatro do Oprimido -creado polo brasileiro Augusto Boal- e pensado para a resolución de conflitos, as sesións do Teatro Foro divídense en dúas partes: un grupo de alumnos leva a escena a dramatización de situacións verosímiles arredor do tema en cuestión -neste caso a adicción aos videoxogos e o risco de que derive en casos de ludopatía-, e ao remate ábrese debate co alumnado espectador.
Este programa, dirixido polo educador Ramón Molina, busca segundo el mesmo explica que sexan “os propios rapaces e rapazas os que reflexionen e propoñan solucións para os conflitos representados”, algo no que tamén incidiu a edil María Rozas ao referirse a que sexa o alumnado quen “faga a reflexión, pero ademais de levar a cabo a diagnose que sexan eles mesmos os que poñan as solucións sobre a mesa”.
Rozas destacou tamén a importancia de “achegarse ás problemáticas e aos conflitos que afectan os mozos e mozas na súa propia linguaxe” como unha maneira de “empoderalos e amosarlles que eles e elas poden ser tamén protagonistas da súa resolución”. María Rozas aproveitou a sesión no instituto Rosalía de Castro para reiterar o compromiso do departamento que dirixe con este tipo de actividades.
Alumnado de ESO e FP Básica
O programa Teatro Foro está dirixido ao alumnado de Ensino Secundario da cidade e tamén ao da Formación Profesional (FP) Básica, con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos. Dende o pasado mes de decembro, esta actividade desenvolveuse en catro institutos de Santiago: nas Fontiñas, Sar, Pontepedriña e Rosalía de Castro, co que a cifra total de participantes ronda os 600 alumnos: máis de 200 estudantes tomaron parte activa a través da escenificación e máis de 400 participaron como espectadores e integrantes do debate.
O alumnado do IES Rosalía de Castro comentaba este martes as vantaxes de levar a cabo unha actividade coma esta para descubrir “que é un problema que está máis presente do que se pensa” e aprender “como axudar a quen ao mellor o está a pasar mal”. Unha concienciación que poñía en valor Molina destacando a importancia de que sexa o alumnado quen “constrúa o seu propio contido didáctico”.
Concidían mesmo aqueles estudantes aos que o tema escollido na aula non lles resultaba inicialmente atractivo en que o Teatro Foro contribúe a que “pensemos no tema a raíz do debate e vexamos que é un problema máis importante do que críamos”. Unha importancia e gravidade á que María Rozas lle engadía unha porcentaxe, segundo indicou a primeira tenenta de alcaldesa, en 2023, en España “fixeron apostas o 21% dos menores de idade”.
- El dueño de un bar de Santiago y otras dos personas acaban en el hospital tras ingerir sin saberlo un pastel de marihuana
- Deportes Cibeira echa el cierre después de 45 años: “Con algunos clientes te saltan las lágrimas”
- Crónica social compostelana | Jubilación en Monte do Gozo
- Una mirada al pasado de Santiago en color: así era la Compostela de principios del siglo XX
- La empanada esculpida en el Pórtico de la Gloria: el manjar que los godos trajeron a Galicia
- El parricidio de Brión: la muerte a hachazos del Dr. Antonio Pensado estremeció a la sociedad compostelana
- Confirmada la Panorama en Santiago: Raxoi hace oficial el lugar de la actuación pese a las advertencias de Apatrigal
- Los futuros médicos celebran su graduación por todo lo alto en el Multiusos Fontes do Sar