Outes, idilio de mar e montaña
En Outes, un entorno circundado polo mar e a montaña, ten a pegada do traballo de labradores e mariñeiros ao longo de séculos. Destacan as praias de Broña, Arnela e Siavo, e infraestruturas como A Ponte Nafonso, sobre o río Tambre, cos seus 20 arcos e 270 metros de longo, a ponte antiga máis impoñente da contorna. O perfil oxival de varios dos seus arcos confirman a sua orixe medieval. Tamén son de resaltar pola sua extraordinaria beleza, a Ponte da Serra, sobre o río Tins, e a Ponte do Ruso, no lugar dos Muñoz.
Hai centos de posibilidades de ocio. Dende un paseo en kayak no Río Tambre a un descenso polos canóns. Outra opción interesante é visitar resquicios dos oficios do pasado, como a construción de barcos.
Na actualidade, os únicos estaleiros que se conservan están localizados no porto do do Freixo. O Espazo Museístico da Carpintería de Ribeira Estaleiro de Ciprián xurde a partires da rehabilitación integral dun antigo estaleiro abandonado situado na ensenada de Broña, co obxectivo de reconvertirlo nun museo sen perder a esenza da súa actividade: a construción de barcos.
A gastronomía merece capítulo aparte, con preeminencia na mesa de carnes á pedra ou á brasa; ou os mariscos, como o berberecho, ameixa, ostras, mexilón, navalla ou crustáceos, coma a nécora, centolo, boi bogavante, cigala e os peixes das rías. Non falta o pulpo á parrilla, á feira ou calamares, empanadas de trigo ou de millo, cocido galego, filloas da pedra ou sartaña. Outro dos seus atractivos culturais son as feiras, que beben da antiga Feira da Serra. En Outes, a feira e o feirón desapareceron como tal, pero actualmente existe unha feira o primeiro e o segundo sábado de cada mes en Cunchido e na rúa da Vila, respectivamente.
Temas
Más en Barbanza
-
Nin a choiva para a paixón polas Letras Galegas, con andaina solidaria dende Rois
-
Música, artesanía e literatura enchen o Pazo de Goiáns de Boiro coa Romaría das Letras do Barbanza
-
Juzgan a dos personas por vender a hospitales gel hidroalcohólico que mezclaban con aguardiente en un laboratorio clandestino de Boiro
-
Una empresa de Noia transporta un rinoceronte indio desde Polonia hasta Córdoba