A Pobra inicia os obradoiros de artesanía con cestería no Campiño

O programa iniciouse da man de La Parabólica, cunha ducia de asistentes

Obradoiro de cestaría no Campiño

Obradoiro de cestaría no Campiño / C. A POBRA

Cestaría, macramé, cerámica, madeira e xabóns son os obradoiros de artesanía do programa Feito coas túas mans postos en marcha na Pobra do Caramiña pola concellaría da Participación Veciñal co fin de dinamizar o rural dende os centros socioculturais para convertelos en punto de encontro da veciñanza.

O programa iniciouse con cestaría no Campiño, da man de La Parabólica, cunha decena de asistentes. Continuará o sábado 4 de maio. Esta disciplina chegará tamén á Ribeiriña, a cargo de Capixuta, os sábados 18 e 25 de maio, das 16.00 ás 20.00 horas. Aprenderase sobre macramé con Noites de Datura, no Camiño Ancho, os mércores do mes de xuño, dende as 18.00 ata as 20.00 horas. A cerámica estará impartida por Raposiñas, no muíño da Ponte Barbanza, durante os mércores do mes de setembro. Ademais, traballarase a madeira con SonAgasallo, en Santo Isidro, os mércores do mes de outubro, e Flow de Meiga ensinará a facer xabóns na Angustia, en novembro.

As prazas xa están cubertas, pero as persoas interesadas poden anotarse na lista de agarda para cubrir posibles baixas. O trámite pode formalizarase a través do enderezo electrónico participacionvecinhal@gmail.com, proporcionando os datos persoais.