O chef Óscar Vidal fará o Caldo de gloria este ano na Casa da Matanza
A Fundación Rosalía de Castro volve conmemorar o vinte e tres de febreiro, Día de Rosalía, na Casa-Museo logo da pandemia da covid. E o cociñeiro encargado este ano de realizar o Caldo de gloria será Óscar Vidal, chef do asador O Pazo, o primeiro restaurante de Padrón que acada unha estrela Michelin.
Nesta sétima edición, na que se servirá o caldo na propia Casa-Museo (ás 19.00 horas do 23 de febreiro), locais hostaleiros, colexios e mesmo comedores de empresa de todo o país servirán ese día o Caldo de gloria. Trátase dunha iniciativa inspirada no poema Miña casiña, meu lar, no que a poetisa explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. Comezou con éxito en 2017, cun seguimento masivo en Padrón, e en 2018 xa se converteu nun evento seguido a nivel galego.
Vidal colle o testemuño doutros chefs ilustres como Xoanqui Ameixeiras, Lucía Freitas, Pepe Solla, Chef Rivera ou Benigno Campos.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La tienda temática de Harry Potter más grande de España abre sus puertas en Santiago
- ¿Hasta cuándo van a durar los efectos de la borrasca que afecta a Galicia desde el lunes?
- Una estadounidense conduciendo por A Illa de Arousa se queja de algo muy común en toda Galicia: '¿Cómo lo hacen?
- Estrella Galicia lanza la canción del verano: así suena el tema compuesto por un popular artista compostelano
- El jefe de la Policía Nacional de Santiago cesa de su cargo y se va a la Comisaría de La Rioja
- La residencia de estudiantes del viejo hospital de Galeras costará unos 900 euros al mes
- Una leyenda del Obradoiro se despide