Clausúranse na Casa da Matanza as xornadas do centenario de Manuel Murguía

Manuel Murguía / Xunta
A Fundación Rosalía de Castro, no lugar da Matanza (Padrón), acolle este xoves a sesión de clausura das xornadas do centenario de Manuel Murguía. O encontro comeza ás 17.00 horas cunha mesa redonda sobre literatura e nación que contará coas achegas das investigadoras María Xesús Lama e Ana Acuña e do tamén filólogo Xurxo Martínez, e que será moderada polo presidente da fundación, Anxo Angueira.
Xa ás 19.00 horas, o barítono Eliseu Mera e o pianista Cándido Cabaleiro protagonizan unha actuación musical. A entrada é libre. A xornada poderá seguirse tamén en directo dende academia.gal e a canle de Youtube da RAG, din desde a Fundación.
A profesora da Universitat de Barcelona María Xesús Lama, gañadora do Premio Nacional de Ensaio pola súa biografía sobre Rosalía, abordará as relacións xornalísticas e literarias da autora e Manuel Murguía.
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- El final de una bonita historia: la joven que buscaba a una pareja de ancianos de Santiago localiza a su hija
- Máxima alerta tras detectarse dos robos en Silleda como los de la ‘Banda del Volvo’
- Ames prevé construir este año el complejo que cubrirá las demandas deportivas de Milladoiro