Entroido intercultural con múltiples nacionalidades no Milladoiro

Redacción

No IES do Milladoiro conviven arredor de 600 persoas con multitude de nacionalidades, de lugares tan diversos como Angola, Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, China, Colombia, Ecuador, EEUU, España, Escocia, Francia, Italia, Marrocos, México, Panamá, Perú, Portugal, República Dominicana, Suíza, Uruguai, Venezuela... Dende o centro educativo cren que o entroido é unha oportunidade para xerar expresións culturais compartidas. Aprender a comunicarse a través do diálogo desde o respecto mutuo e a empatía, mostrando sensibilidade ante as outras culturas e a nosa propia, é un xeito de camiñar cara a interculturalidade como recoñecemento e respecto á diversidade social.