O Concello de Teo alega contra as novas paradas de bus da Xunta

Unha parada de bus ubicada a pé da calzada en Cacheiras, Teo. MG

Unha parada de bus ubicada a pé da calzada en Cacheiras, Teo. MG / m. manteiga

O Concello de Teo presentou alegacións ao proxecto Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús na RAEG na zona sur ATM de Santiago da Axencia Galega de Infraestruturas, promotora desta iniciativa financiada con fondos Next Generation. Pídese que revisen a localización daquelas marquesiñas cunha localización complexa, e que non melloran a seguridade e accesibilidade peoníl (precisamente o que critica a Xunta polas paradas a pé de asfalto). E tamén avogan porque se teña en conta o impacto que ten esta actuación na perda de prazas de aparcamento, sobre todo na zona de Cacheiras que é un dos núcleos comerciais máis activos do municipio e que se estuden mecanismo compensatorios. Ademais, o Concello de Teo cre que a parada situada nas inmediacións da gasolineira de Pontevea non incrementa a seguridade viaria, pola entrada e saída de vehículos continuada, e en Cacheiras faise fincapé na perda de prazas para estacionar en zonas para mercar, á espera de crear alí un novo parquin local.