Paradas de Entroido cheas de humor e polémica por toda a contorna compostelá

Triunfo no Milladoiro para a comparsa Aí veñen os de Bugallido, de 85 membros // En Oroso arrasaron Os danzantes // Valga doa 3.353 € á Fundación Andrea

El entroido del Concello de O Pino no se quiso olvidar de la separación de Sakira y Piqué. concello de o pino

El entroido del Concello de O Pino no se quiso olvidar de la separación de Sakira y Piqué. concello de o pino / M. Manteiga-S. Elvira

O Entroido segue con forza nos municipios que integran a comarca compostelá, repartindo premios e levando bó humor pola bisbarra. Deste xeito, máis de 250 persoas tomaron o desfile no Milladoiro, Ames, cun primeiro premio de 500 euros para a comparsa Aí veñen os de Bugallido (85 membros) e de 300 para o grupo A historia das dúas Marías, máis galardóns individuais de 100 € en infantil (Soñando coa batuta) e outro tanto ao Demo de Covas. Nesta edición, ademáis, non faltou a polémica diante dunhla procesión calificada de “irreverente” e “falta de respecto” por algúns veciños, que lamentaron a caracterización dunha boneca como Virxe.

Manolo y Marucha, disfraz más original en O Pino.   concello

Manolo y Marucha, disfraz más original en O Pino. concello / M. Manteiga-S. Elvira

No caso de Oroso, a súa capital (Sigüeiro) acolleu unha colorida exhibición na que gañaron, en comparsas categoría xeral, Os danzantes do Entroido (500 €). Xa en grupos xeral, impúxose, con 350 euros, As góndolas de Oroso; e en individual xeral, Hulk Ragnarok (250 €). Nas comparsas de infantil, levaron os 350 euros Session 54 , e en grupos infantil Dulces majorettes (220 €). Os 180 euros de individual infantil recaeron en A princesa da estrela.

Alumnos del PAI  de Trazo

Alumnos del PAI de Trazo / M. Manteiga-S. Elvira

Moito humor e actualidade viuse no concurso organizado polo Concello de O Pino, no que non faltou a parella de moda e a separación de Shakira e Piqué permitiulle a Sesión O Pino volume 23 gañar o primeiro premio na categoría de carroza despois de chegar á praza do concello sobre un mini-twingo amosar a súa particular escenificación do tema da colombiana e Bizarrap. O galardón ao disfrace máis orixinal foi para Manolo e Maruxa, unha parella de amigos que semellaba moitos máis anos dos que tiñan estes dous nenos

Pequeños de las escula infantil de Valga . Autor

Pequeños de las escula infantil de Valga . Autor / M. Manteiga-S. Elvira

En Trazo os antroideiros e antroideiras do PAI sairon a recibir á rapazada do CPI no desfile que fixeron por Viaño Pequeno, e disputáronse tamén as divertidas carreiras nas que moitos participantes acudiron disfrazados. No caso de Santa Comba, os mellores disfraces foron os locais Cámara Humana, e noutras categorías Novios Liam e Gael (Agualada) e S3C2 Salvamento Santa Comba. Pola súa banda en Rois, a Asociación de Amas de Casa, que se presentaron como Chicas BacQueen AC Rois, triunfou nun certame que xuntou máis de 200 persoas disfrazada en comparsa con máis de trece membros, e levaron tamén o I Trofeo ao espírito entroido

A comparsa Aí veñen os de Bugallido gañou no desfile de Milladoiro, recollendo vítores e críticas. Concello

A comparsa Aí veñen os de Bugallido gañou no desfile de Milladoiro, recollendo vítores e críticas. Concello / M. Manteiga-S. Elvira

O tempo acompañou e a festa dominical en Sergude Boqueixon que deu comezo ás 11.00 horas cos Correos, Xenerais e Comparsas percorrendo todas as localidades da parroquia de Sergude cos seus cantos de taberna e acompañados polo grupo local Son de gaita. Pola tarde, a partir das 18.00 horas, o campo da festa de Sergude foise enchendo de xente con moitas gañas de pasalo ben e desfrutar dunha tarde de Entroido e dos tradicionais atranques.

En Valga Entroido e solidariedade xuntáronse no festival benéfico organizado pola Escola Infantil Municipal para colaborar coa Fundación Andrea, de apoio a nenos con enfermidades de longa duración,crónicas ou terminais. Trescentas persoas deronse cita. O resultado: 3.353,50 euros recadados para a citada fundación, uns cartos que se xuntaron a través da venda de entradas a 5 euros e tamén con doazóns deempresas e particulares.

En Pontecesures a decisión do xurado de otorgar a comparsa O ciclo da Vida o primeiro premo foi moi ben recibida polas veciñanza que ateigou na noitedomingo A Plazuela para seguir o concurso.

SÁBADO DE PIÑATA EN ORDES, A BAÑA E TRAZO PARA OS FESTEIROS

··· A Baña celebra o seu desfile o vindeiro sábado polas rúas de San Vicenzo ás 16.30 h. Actuarán Os Celtas e CDC, e haberá inchables.

··· A capital ordense tamén acolle os desfiles de carrozas, comparsas e disfraces este sábado día 25, a partir das 17.00 horas.

··· En Viaño, Trazo, haberá unha tractorada festiva o 25 ás 16.00 h.

··· En Brión habrá desfile desde el pabellón municipal por la capital este domingo, a las 16.30 h., y certamen. Actúan Os Celtas y JB Son.