As cociñeiras ribeirenses van recibir unha homenaxe do Concello o Día da Muller
Será o mércores, e a chef Lucía Freitas falará da súa profesión dende unha perspectiva de xénero
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Ribeira vai homenaxear este ano ás cociñeiras do municipio. Será este mércores día oito ás 18.00 horas no salón de plenos do consistorio nun acto que contará ca intervención de Lucía Freitas, chef galega dos restaurantes A Tafona e Lume, cunha estrela Michelin e dous soles Repsol, que falará da súa profesión dende unha perspectiva de xénero.
A día de hoxe xa hai confirmada a participación de case medio cento de cociñeiras. Non obstante, se por algunha razón algunha profesional da cociña do municipio non fose contactada, pode sentirse convidada. A tal efecto, as interesadas poden dirixirse ao Centro de Información á Muller (a través do número de teléfono 981 870 131 ou do email cim@ribeira.gal) e comunicar o desexo de asistir ao acto.
Alumnado da especialidade de cociña do obradoiro de emprego Tahúme VIII preparará unhas galletiñas para as asistentes, e o de montaxe de redes elaborou uns agasallos confeccionados con este material para as homenaxeadas.
Temas
Más en Área
-
Preparan la apertura del cuarto hotel de Ames con más de ochenta habitaciones en Novo Milladoiro
-
El PP de Pontecesures critica la “renuncia” a ampliar el náutico y la regidora contesta que se hará un nuevo proyecto
-
A bibliografía do poeta de Negreira Pepe Ardeiro chega ao Consello da Cultura grazas a Amancio Liñares
-
Informática más manejo de software y mecanografía para los vecinos de Ames de entre 6 y 16 años en el Aula CeMIT