O equipo de Os Dices de Rois participou no debate do instituto de O Milladoiro

Equipo do CPPI Dices de Rois que participa no clube./concello de rois

Equipo do CPPI Dices de Rois que participa no clube./concello de rois / Redacción

Redacción

O equipo do Concello de Rois participou esta semana na última das xorndas de formación do #clubdedebatealingua2023, celebrada no IES do Milladoiro, no municipio de Ames. As alumnas e alumnos de terceiro e cuarto de secundaria do CPPI dos Dices, xunto co coodinador, Lois Aldegunde, aprenderon as claves que lles permitirán encarar con éxito os debates. Acompañounos nesta xornada a técnica de normalización lingüística municipal Inmaculada Seage. O de debate é un certame organizado polos departamentos de normalización lingüística de varios concellos, entre os que figuran o de Rois e o de Ames, entre outros, e que ten por obxectivo contribuir á dinamización lingüística e cultural no ámbito educativo, á fluidez comunicativa en galego, fomentar o pensamento crítico e o respecto pola diversidade de opinións. As semifinais desta competición de oratoria terán lugar no concello de Teo os días 21 e o 24 de abril, segundo afirmación facilitada polo Concello de Rois.