Comezan traballos de roza e limpeza en estradas de Muros, Noia e Santa Comba
A campaña da Xunta forma parte do control da biomasa en viais de titularidade autonómica
A Xunta iniciará esta semana traballos de roza e limpeza nas marxes da estradas autonómicas ao paso polos concellos de Noia, Muros, Santa Comba e Barbadás. Os traballos desenvolveranse na estrada AC-550, nos municipios de Muros e de Noia; nas glorietas da AC-406, en Santa Comba; e na OU-540, en Barbadás. Na provincia da Coruña, proseguirán estas intervencións na autovía AG-59, en Teo. Estas actuacións, impulsadas pola Consellería de Infraestruturas, enmárcanse no contrato coa empresa pública Seaga, cun investimento de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas. As novas accións de conservación nas vías de titularidade da Xunta permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.
Prevese a reposición de 7.500 metros de valado en vías de alta capacidade que se poida danar nos labores de despexe ou roza. A reposición realizarase con valado reforzado para aumentar a protección da estrada fronte á entrada de animais. Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 a Xunta ten investido 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.
Temas
Más en Área
-
La Semana Verde Abanca va a incluir albóndigas de potro, rapa das bestas y a un niño de 7 años manejando cerdos
-
Dubra esgotará a vía xurídico-administrativa e mobilización social para evitar que instalen un vertedoiro en Niveiro
-
Chequeiras de 30 euros para que 1.330 laracheses aposten polo consumo de proximidade
-
Cee impulsa un plan estratéxico de turismo para posicionarse como un destino sostible e desestacionalizado