Versos de 24 poetisas complementan os retratos femininos de Vidal en Ribeira
O Museo do Gravado de Ribeira deu cabida este mércores ao acto de inauguración da exposición fotográfica Nós somos elas, que estará aberta ata o día 13 de abril. A mostra, de carácter itinerante e promovida pola Deputación Provincial da Coruña en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, consta de 24 fotografías pertencentes ao arquivo fotográfico de Xosé Vidal e que forman parte da colección permanente do Museo do Mar de Laxe. Trátase fundamentalmente de retratos femininos, tomados no ámbito privado e familiar, e cada un deles está asociado á voz de 24 poetisas contemporáneas que aportan os seus versos: Ana Romaní, Antía Otero, Berta Dávila, Chus Pato, Clara Vidal, Dores Tembrás, Eli Ríos, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Eva Veiga, Helena Villar Janeiro, Lucía Aldao, Lucía Novás, Luz Pozo Garza, María do Cebreiro, Marica Campo, Marta Dacosta, Medos Romero, Mercedes Queixas, Miriam Ferradáns, Olga Patiño, Pilar Pallarés, Rosalía Fernández Rial e Yolanda Castaño.
Temas
Más en Área
-
Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar
-
Iago Toba denuncia que BNG, PP e Independientes negocian una moción de censura en Muxía
-
El festival Bacanito, que se celebrará en Boiro los días 12 y 13 de julio, confirma ya un cartel de 19 DJ’s
-
O melidense Vicente Vázquez Vidal gaña o premio Francisco Añón de poesía na categoría de maiores de 18 anos