A Xunta implanta no instituto de Coroso o ciclo profesional dual de cociña e restaurante
O Concello de Ribeira e a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades alcanzaron un acordo para a implantación do ciclo formativo de formación profesional básica de cociña e restauración na modalidade dual nas instalacións do edificio do mercado. Así, a Xunta autorizará para o curso 2023-2024 o ciclo no CIFP Coroso. As ensinanzas do primeiro curso impartiranse na aula taller de cociña sita no segundo andar do mercado; e as do segundo curso, nun taller de restaurante e cafetería que se implantará no primeiro andar de dita instalación.
O Concello vai acondicionar os espazos e dotalos do equipamento necesario, como o cubrimento da tarima de madeira existente cunha lámina ignífuga e antiescorregadiza, moble de barra e moble traseiro cafeteiro, botelleiro, equipamento de mantelería e panos de restaurante, equipamento de facturación (TPV táctil con sistema de pedidos electrónicos portátiles), moblaxe, cubertería, louza, cristalería, enxoval e roupa de restaurante, entre outros elementos.
Temas
Más en Área
-
Veteranos del Ejército y de la Guardia Civil de Valladolid peregrinan por el Camino a Fisterra
-
Instan á Xunta e Concello de Carballo a instalar unha pasarela provisional na Milagrosa
-
Entrega da edición do poemario 'Palabras mortas' a Fernández Dávila como gañador do premio Ardeiro en Negreira
-
Trasladado en helicóptero tras caerse por las escaleras de su casa en Teo