Xincana sobre xogos tradicionais par que os pequenos de Valga rexeiten os roles de xénero

Os nenos e as nenas realizando os xogos /

Os nenos e as nenas realizando os xogos / / Concello de Valga

A explanada do auditoriomunicipal de Valga recibiu a un grupo de nenos, aproveitando as vacacións escolares de Semana Santa, que participaron nunha xincana de xogos populares e tradicionais organizada polo Concello como parte da programación polo Día Internacional da Muller que ainda siguen desenvolvendo.

As actividades desenvolvéronse con perspectiva de xénero; é dicir, en plena igualdade entre nenos e nenas, que compartiron os mesmos xogos, superando así os estereotipos que, nalgúns casos, aínda persisten e que sinalan determinadas actividades lúdicas como propias dos nenos mentres que outras se asocian ás nenas.

Os participantes saltaron á corda, xogaron á mariola, ás chapas, ás canicas ou ás catro esquinas. E fixérono todos xuntos, formando equipo e sen distincións de xénero.

Unha vez rematada a sesión de xogos, os rapaces e os seus monitores participaron nunha sesión de reflexión sobre a igualdade e os roles de xénero, e como estes afectan á poboación infantil.