A Pobra organiza un curso para pais e nais sobre estrés e ansiedade na adolescencia

Alejandro Bobillo, director do IES da Pobra, na presentación / c.p.

Alejandro Bobillo, director do IES da Pobra, na presentación / c.p. / suso souto

A concellería de Servizos Sociais e o IES da Pobra organizaron unha acción formativa dirixida a familias do estudantado da Secundaria. Trátase dun curso sobre estrés e ansiedade na adolescencia que terá lugar este sábado 15, de 10.00 a 14.00, na instituto.

Será impartido por Carlos Santiago, experto en intelixencia emocional, e versará sobre mellora dos estados emocionais e das relacións interpersoais, relacións empáticas, resolución de conflitos, comunicación, autoestima e ansiedade.