Arzúa destina 300.000 € a humanización da rúa do Carmen no tramo do Camiño Francés

A rúa do Carmen atópase en pleno Camiño Francés / concello de arzúa

A rúa do Carmen atópase en pleno Camiño Francés / concello de arzúa / redacción

Redacción

Esta semana deron comezo en Arzúa as obras de reurbanización da rúa do Carme, nas que se invisten 300.000 euros e que darán continuidade á posta en valor do tramo urbano da Ruta Xacobea e que agora se executarán ao longo de tres tramos desta histórica e céntrica rúa. A intervención, proxectada para mellorar a seguridade, a accesibilidade, e o estado de conservación do vial, materializarase nun tramo de 60 metros que abarca dende a intersección da rúa das Dores ata o cruce coa rúa Xosé Neira Vilas. Un segundo, de 110 metros, extenderase dende esa última rúa e ata o cruce coa do Caño. O último dos tramos previstos e, no que se iniciaron as actuacións, prolóngase ao longo de 90 metros dende a intersección da rúa do Caño.

A humanización da rúa do Carme responde a un compromiso e do goberno municipal de cara a posta en valor da zona antiga do casco urbano, obxeto de importantes intervencións nos últimos anos. La empresa Construciones M. Espiño encárgase da actuación.