A asociación Save an angel asume a xestión do centro de recollida de cans de Ribeira

O alcalde, Manuel Ruiz, e Maricarmen Campaña, de Save an Angel

O alcalde, Manuel Ruiz, e Maricarmen Campaña, de Save an Angel / redacción

redacción

O Concello de Ribeira e asociacion Save an angel asinaron un convenio para a xestion do centro de recollida de cans e gatos do municipio. O acordo abarca a prestación dos servizos de recollida de animais de compañía abandonados, feridos ou enfermos; identificación, saneamento e mantemento; xestión do centro de recollida e aloxamento; atención de visitas e adopción de cans e gatos; eutanasia humanitaria e xestión de cadáveres; campañas de control e captura de colonias, etc.