Nuria Liria amosa no Museo Man de Camelle a súa obra inspirada na paisaxe da Costa da Morte

Inspirouse no mar de Corme desde hai máis de tres décadas para desenvolver a súa obra

‘Reflexo de Corme’, unha das obras expostas en Camelle /nuria lira

‘Reflexo de Corme’, unha das obras expostas en Camelle /nuria lira / REDACCIÓN

REDACCIÓN

O Museo Man de Camelle (Camariñas) acollerá, ata finais do mes de abril, unha exposición de pinturas centradas na paisaxe da Costa da Morte, obra da artista Nuria Liria, unha pintora madrileña cun forte vínculo galego, especialmente coa vila pontecesá de Corme.

Como boa coñecedora destas paisaxes atlánticas, Nuria Liria inspirouse no mar de Corme desde hai máis de tres décadas para desenvolver a súa obra. A artista asegura que adora a luz, as praias e os acantilados da recortada costa galega.

Da man do colectivo Ponteceso Cultura Permanente, achega agora a súa obra pictórica ao Museo Man de Camelle, onde se pode apreciar a súa particular mirada da Costa da Morte, de recunchos especiais e cun encadre diferente. Ademais, Nuria pinta algas, algo moi característico na súa obra. A visión das mesmas achega ao espectador a ese mar que ela tanto admira. A paisaxe é a súa forma de expresión, a Costa da Morte e a serra de Guadarrama son as súas principais fontes de inspiración.