Bembibre terá unha nova piscina para nenos e arranxaranse as humidades da sala de máquinas

Actuais instalacións da piscina de Bembibre, en Val do Dubra / concello

Actuais instalacións da piscina de Bembibre, en Val do Dubra / concello / M. Manteiga

Os valdubreses contarán cunha nova piscina, despois de que a xunta de goberno aprobase e sacase a licitación a obra de ampliación e mellora das actuais instalacións sitas na capital. O orzamento base elévase ata os 91.913,83 euros, e o prazo de execución é de 6 meses.

O proxecto inclúe a construción dun recinto de baño infantil na mesma parcela da piscina municipal de Bembibre, de xeito que e o socorrista e os vestiarios serán comúns a ambas instalacións. Comezarase realizando o seu vaso, e o trazado de todas as dotacións necesarias para o funcionamento do mesmo. Pola súa banda, o sistema de filtrado de augas e clorado será independente do que existe para o vaso para adultos, polo que se situarán nun novo recinto nas proximidades. E para facilitar o acceso sen ter que pasar pola piscina principal, realizarase un novo valado que delimitará a zona para os maiores e a dos máis novos.

De igual xeito, prevese o arranxo de humidades na sala de máquinas. Os interesados teñen ata o dous de maio para presentar ofertas.