Cortes eléctricos por mantemento na vila de Ordes na noite deste xoves e venres

Entrada de la capital ordense

Entrada de la capital ordense / Jesús de Arcos

Naturgy anuncia cortes eléctricos na vila de Ordes co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede, precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona. Chegarán entre este xoves e o vindeiro venres.

Deste xeito, o 4 de maio interrumpirase o servizo de 02.00 a 04.00 horas no número 3 da rúa Mestre don Alfonso Lesta. Tamén ese mesmo día, pero de 05.00 a 07.00 horas, non haberá suministro no número 1 de Ramón ferreiro.

E xa na xornada do 5 de maio, as alteracións no subministro van afectar de 02.00 a 04.00 horas aos veciños dos números 86, 88, 103 e impares do 109 ao 123 de Alfonso Senra; ao número 12 da rúa Compostela e ó número 1 par 2. Tamén este venres, pero de 05.00 a 07.00 horas, quedarán afectados os números 67, 9025 e 9060 da rúa Paraíso e entre o número 1 e o 7 da Travesía de Ceidón. Para rematar, o servizo caerá antes da fin de semana, de 04.00 a 06.00 horas a rúa Galicia (os números 37, 39 e 41, así coma o 25, 31, 35, 44, 46, 48, 52, 56, 9100 e 9101).

Os interesados en acadar calquera aclaración, poden poñerse en contacto coa compañía enerxétiva a través do teléfono gratuíto 900 333 999.