O alcalde de Ames insta á empresa Urbaser e aos representantes do persoal a negociar para acadar un acordo e rematar coa folga
O 22 de maio finaliza o decreto de servizos mínimos fixado polo Concello.
O alcalde de Ames, Blas García, enviou esta mañá dúas cartas, unha delas á empresa Urbaser e outra á representación sindical dos traballadores e traballadoras, para instar a ambas partes a que se senten a negociar co obxectivo de chegar a un acordo, de xeito inmediato, para poñer fin á folga indefinida que afecta ao servizo de limpeza viaria e do punto limpo do concello de Ames dende o 8 de maio. O 22 de maio finaliza o decreto de servizos mínimos fixado polo Concello, polo que dende a Alcaldía solicitan que de maneira inmediata retomen as negociacións e non se levanten da mesa ata que cheguen a un acordo que poña fin a esta folga que están a sufrir os veciños e veciñas de Ames.
O día 8 de maio os traballadores e traballadoras da empresa Urbaser Ames comezaron unha folga indefinida no servizo de limpeza viaria, para reclamar un novo convenio colectivo propio no que se recolla unha subida salarial equiparable ao incremento do IPC.
Debido a que transcorridos máis de dez días dende o comezo de dita folga non volveu a existir comunicación de ningún tipo nin negociación entre a os representantes do persoal e a empresa Urbaser Ames, o alcalde de Ames, Blas García, enviou esta mañá dúas cartas, unha delas á empresa Urbaser e outra a representación sindical dos traballadores e traballadoras, para instar a ambas partes a que se senten a negociar co obxectivo de chegar a un acordo, de xeito inmediato, para poñer fin á folga que afecta ao servizo de limpeza viaria e do punto limpo do concello de Ames.
La huelga de recogida de basura en Ames se recrudece y Urbaser ofrece un 2,1 % de subida salarial
En ditas cartas o rexedor municipal indica que a pasividade e maila falta de diálogo entre ambas partes está a xerar malestar e descontento entre a veciñanza amesá, que están a ser os afectados pola falta dun servizo que é básico e fundamental para a salubridade e a hixiene do concello amesán. “Eu, en particular, entendo as reclamacións do persoal da empresa Urbaser Ames e respecto que dentro da súa liberdade realicen estas accións de forza para conseguir unha mellora nos seus contratos e na súa situación laboral” explica Blas García.
O 22 de maio finaliza o decreto de servizos mínimos fixado polo Concello, polo que dende a Alcaldía solicitan que de maneira inmediata retomen as negociacións e non se levanten da mesa ata que cheguen a un acordo que poña fin a esta folga que están a sufrir os veciños e veciñas de Ames.
Por outra banda, o rexedor municipal indica que ambas partes (empresa e mailo o sindicato convocante da folga, a CIG) saben sobradamente que o novo contrato, que aínda non chega ao ano do seu comezo, non pode ser revisado en función do que fixa a Lei de Contratos do Sector Público e se recolle no propio contrato (cláusula número 23), polo que “este Goberno, e en concreto este alcalde carecen de calquera tipo de facultade para solucionar esta situación de reclamación de melloras salariais, xa que estas só lle competen á empresa”, finaliza dicindo o alcalde.
Temas
Más en Área
-
Aparatoso choque sin heridos en el aparcamiento de autocaravanas de Milladoiro
-
El sorteo de la Bonoloto deja un premio de 295.378 euros en Rianxo
-
Cierran la carballeira brionesa de Santa Minia tras el nuevo desplome de parte de un árbol
-
Ames homenaxea á cultura cos Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas e seis premios