O Pino recibiu a delegación do OISS, organismo iberoaméricano, que percorreu o Camiño Francés

O alcalde de O Pino, no centro, cos peregrinos do OISS / concello

O alcalde de O Pino, no centro, cos peregrinos do OISS / concello / redaccion

Redacción

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, recibiu na casa consistorial á secretaria xeral da Organización Ibereoamericana de Seguridad Social (OISS), Gina Riaño, e a esposa do embaixador de Colombia en España, Claudia Forero, que están facendo o Camiño de Santiago acompañados dunha delegación de representantes da OISS. Este organismo internacional celebra os días 1 e 2 de xuño en Santiago o XIII Congreso e Prevención de Riscos Laborais en Iberoamérica (Prevencia 2023) coa asistencia de máis de 300 persoas dunha vintena de países.

Gina Riaño e Claudia Forero comezaron a facer o Camiño esta semana en Sarria, e o martes, día 30, chegaron a O Pino, onde foron recibidos polo alcalde, quen lles agradeceu a visitia e lles explicou a importancia que o Camiño ten na economía da zona. Unha peregrinaxe que rematou esge mércores en Santiago, coa asistencia á misa do peregrino ás 19.30 horas, xusto na víspera da inauguración do Prevencia 2023, que se vai desenvolver no Hostal dos Reis Católicos.