Movemento Veciñal impúxose ao PP en Touro

Roberto Castro será o novo alcalde grazas aos votos do BNG e Partido Galego

Nova Corporación municipal do Concello de Touro, na que aparece o novo alcalde Roberto Castro co bastón

Nova Corporación municipal do Concello de Touro, na que aparece o novo alcalde Roberto Castro co bastón / CONCELLO

M. Manteiga

Roberto Castro, do Movemento Veiñal de Touro, é o novo alcalde do Concello de Touro. Foi elexido na tarde deste sábado na sede do Concello de Touro pola nova Corporación Municipal, integrada por 11 concelleiros e concelleiras e elexida nas eleccións municipais do pasado 28 de maio de 2023.

Roberto Castro contou cos votos da súa formación (4 concelleiros); o voto do edil do Partido Galego, Jesús Martínez Pereira; e o voto do concelleiro do BNG, Xoán Louzao. O candidato do Partido Popular, Jesús Reboredo, contou cos cinco votos dos edís do PP. A nova Corporación Municipal do Concello de Touro queda integrada polos seguintes concelleiros e concelleiras: Jesús Reboredo, Rebeca Codesido, Alfredo Souto, Isolina Suárez e Carmen Carreira do Partido Popular; Roberto Castro, Darío Rey, Angélica Lamas e José Luis Ramos, de Movemento Veciñal de Touro; Jesús Martínez Pereira, do Partido Galego; e Xoán Louzao, do BNG.