Manuel Cuíña retira a dimisión como alcalde de Silleda tras pactar as retribucións co BNG
O socialista presidirá hoxe o pleno que aprobará tres dedicacións totais e un posto de persoal eventual
Blíndanse 3.000 € en axudas a entidades veciñais e participación social
Os grupos municipais do PSdG-PSOE e do BNG de Silleda asinaron un acordo polo que asumen unha serie de compromisos para o presente mandato cos que se desbloquea a gobernabilidade, despois de que o alcalde socialista Manuel Cuíña dimitira o pasado día 19 ao non obter o apoio do Bloque sobre as retribucións do executivo. Cuíña retirou a súa renuncia. En virtude do acordo alcanzado agora, o BNG compromete o seu voto a favor da seguinte proposta de retribucións de cargos electos locais con dedicacións exclusivas ou parciais. Así, a Alcaldía disporá dunha dedicación exclusiva de 3.428,57 euros brutos ó mes (48.000 euros brutos anuais, en 14 pagas); a primeira tenente de alcalde e responsable da concellería de Cultura, Deporte, Mocedade, Voluntariado, Normalización Lingüística e Participación Cidadá terá unha dedicación exclusiva de 2.192,86 euros brutos ó mes (30.700 euros anuais en 14 pagas); e a concellería de Benestar Social, Servizo de Axuda no Fogar, Maiores, Igualdade, Sanidade, Educación e Diversidade terá unha dedicación exclusiva de 1.878,57 euros brutos ó mes (26.300 euros en 14 pagas).
Ademais, incluirase na orde do día do pleno de organización de hoxe a aprobación dun posto de persoal eventual, que percibirá 26.265,20 €.
Ambas formacións políticas acordan destinar este ano unha cantidade do orzamento vixente na partida de dedicacións (3.000 €) á destinada ás subvencións municipais por concorrencia competitiva a entidades veciñais e/ou de participación social.
Asimesmo, PSOE e BNG apostan pola municipalización dos servizos públicos. Neste mandato, e logo da municipalización dos servizos de augas e de Axuda no Fogar, os socialistas silledenses comprométense a manter a xestión pública destes durante os próximos catro anos.
Ambas formacións concordan na necesidade de estender a rede de abastecemento e saneamento de auga nas parroquias, incluíndo nos orzamentos partidas para esa fin, e acordarán no orzamento anual o incremento necesario para acometer o plan de desbroces no rural con medios propios en todas as parroquias.
Temas
Más en Área
-
Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar
-
Iago Toba denuncia que BNG, PP e Independientes negocian una moción de censura en Muxía
-
El festival Bacanito, que se celebrará en Boiro los días 12 y 13 de julio, confirma ya un cartel de 19 DJ’s
-
O melidense Vicente Vázquez Vidal gaña o premio Francisco Añón de poesía na categoría de maiores de 18 anos