A orquestra Panorama abrirá as festas de Melide, que se prolongarán do día 14 ao 22

Unha actuación da orquestra Panorama

Unha actuación da orquestra Panorama / ECG

Redacción

O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, presentou as festas da localidade, que se celebrarán do 14 ao 22 de agosto e contarán con actuacións musicais e actividades para público de todas as idades.

Darán comezo o luns 14 de agosto coa actuación da orquestra Panorama. A festa prolongarase durante o resto da semana, coas orquestras La Misión (o día 15), París de Noia (16), Cinema (17), Olympus (18), Marbella (19), Los Satélites (20) e El Combo Dominicano (21).

A programación continúa con actividades para desfrutar en familia, como o espectáculo de circo Glamping de SU.MA (o día 16), o Mago Teto (17), o espectáculo infantil de Pakolas ou a celebración do Día da Bicicleta o sábado dezanove. Tamén destaca a presenza de grupos musicais, como a formación local de música tradicional Froito Novo (o día 15), a Banda de Música de Agolada, a Coral Polifónica de Melide ou Grupo Bomba (16). Como fin de festa, o martes 22 celebrarase o Día do Neno con diferentes atraccións a prezos especiais, xeados e zumos gratis.