Jealsa e Amicos renovaron a súa alianza para a integración de persoas con discapacidade

Margarita Hermo e Xoan España tras asinar o convenio / amicos

Margarita Hermo e Xoan España tras asinar o convenio / amicos / redacción

Redacción

O director da asociación Amicos, Xoan España, e a directora de Relacións Institucionais de Jealsa, Marga Hermo, asinaron en Boiro a renovación do convenio (que xa cumpre máis dunha década) para colaborar na integración social e laboral das persoas con discapacidade. Outros piares do convenio son a posta en marcha de proxectos de integración escolar de nenos con discapacidade, os programas Badaboom e Festiritititi e a continuidade da unidade de apoio e estimulación sensorial.