A Xunta destaca en Lousame o papel que teñen os cazadores no control da fauna silvestre

Do Campo e a alcaldesa Teresa Villaverde, esqda. cos gañadores / x.

Do Campo e a alcaldesa Teresa Villaverde, esqda. cos gañadores / x. / suso souto

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, subliñou onte en Lousame a relevancia do papel dos cazadores nas medidas de control da fauna silvestre e agradeceu ao colectivo a actitude de “permanente colaboración” coa Xunta neste eido.

Do Campo entregou os premios do XXXVI Campionato galego de caza menor con can, que contou con 21 participantes. Os 3 primeiros clasificados representarán a Galicia no Campionato de España nesa modalidade. Tamén se celebrou o II Campionato de caza menor adaptado, competición que promove a participación de persoas con algunha discapacidade.