Arranca o Novembro Cultural de Ames co concerto de corais

Actuaron Lembranzas, Antonio Santomil de Bugallido e Pandereteiras da Costaneira

O ciclo inclúe actividades musicais, espectáculos de danza e teatro

Acutación dunha das corais na casa da cultura de Bertamiráns

Acutación dunha das corais na casa da cultura de Bertamiráns / Concello de Ames

Redacción

O Novembro Cultural de Ames deu onte o pistoletazo de saída nun mes no que a cultura será o eixo central da localidade. Fíxoo na Casa da Cultura de Bertamiráns, que acolleu o concerto de corais a cargo da coral Lembranzas de Santa Cruz de Oleiros, da coral polifónica Antonio Santomil de Bugallido e do grupo amesán Pandereteiras de Costaneira. Ata alí desprazouse o alcalde da localidade, Blas García, que fixo fincapé en que “en Ames todos os meses son culturais”.

“Estamos encantados de traer xente de fóra ao concello, esperamos con este agasallo animarvos a regresar e traer convosco máis visitantes”, dixo en referencia ás corais que iniciaron coa súa música este programa. O Novembro Cultural está organizado polo Concello e conta con actividades musicais, así como con espectáculos de danza e teatro. Estes están relacionados coa celebración de Santa Icía e coa conmemoración do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, que será o vindeiro 25 de novembro.

TEMAS