A Pobra pecha as xornadas micolóxicas cunha saída ó campo e un showcooking

Miguel Mosteiro, esqda., no showcooking no mercado de abastos.

Miguel Mosteiro, esqda., no showcooking no mercado de abastos. / Concello da Pobra

Suso Souto

A fin de semana aglutinou boa parte das actividades das VII Xornadas Micolóxicas que organizou o Concello da Pobra. Así, Mónica Saavedra, especialista no xénero Amanita, guiou unha saída ao campo para coñecer no monte da Curota e nas inmediacións do estadio municipal da Alta algunhas das especies que máis abundan no territorio para despois formar unha pequena exposición no mercado municipal. Precisamente neste lugar, Miguel Mosteiro e o seu equipo de Gastrolab Arousa efectuaron un showcooking con tres receitas a base de cogomelos e fíxose a entrega de premios do VII Concurso Fotográfico de Micoloxía, que rexistrou 67 imaxes nesta convocatoria. A primeira distinción deste certame recaeu nunha fotografía de Ramón Rial Pérez; a segunda foi para unha instantánea de Sergio Pérez Boullón; e a terceira adxudicouse a unha imaxe de Pablo Blanco Teijeiro. O edil de Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, fixo entrega dos galardóns deste certame, que repartiu 750 € en vales de compra para trocar no comercio local.

TEMAS