Máis de 650 palilleiras chegadas de varios puntos de Galicia fan soar os bolillos en Vimianzo
Vimianzo converteuse este sábado na capital do encaixe de bolillos de Galicia con motivo da décimo sexta Xuntanza de Palilleiras, que reuniu na capital de Terra de Soneira a 650 artesás dos bolillos chegadas de distintos puntos da xeografía galega
Á gran cita anual acudiron palilleiras de Viveiro, San Ciprián, Burela, Sarria, Lugo, Vigo, Cambados, Bueu, Vilanova, Tui, O Porriño, Ribeira Sacra, A Coruña, Boiro, Valga, Ferrol, Fene, Neda, Ames, Betanzos, Cambre, Paderne, Arteixo, Coirós, Noia, O Son, Oleiros, Cariño, Valdoviño, Esmelle, Abegondo, Camariñas e as anfitrionas de Vimianzo.
A exhibición complementouse con diversos expositores que ofertaron materias primas e outros produtos vinculados coa labor das artesás do palillo e doutras artesanías.
O encontro celebrouse no pavillón do IES Terra de Soneira e foi organizado pola Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas de Vimianzo.
Asistiron a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a deputada provincial de Emprego, Rosa Ana García; e a subdelegada do Goberno, María Rivas.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La tienda temática de Harry Potter más grande de España abre sus puertas en Santiago
- Estrella Galicia lanza la canción del verano: así suena el tema compuesto por un popular artista compostelano
- El jefe de la Policía Nacional de Santiago cesa de su cargo y se va a la Comisaría de La Rioja
- La residencia de estudiantes del viejo hospital de Galeras costará unos 900 euros al mes
- ¿Hasta cuándo van a durar los efectos de la borrasca que afecta a Galicia desde el lunes?
- Una leyenda del Obradoiro se despide
- La heredera de Rosario Porto cerró la venta del chalé de Teo en 150.000 euros