As ecobrigadas de Amicos recollerán residuos con escolares do Pino e Touro

Cuatro integrantes das ecobrigadas de Amicos nunha plantación

Cuatro integrantes das ecobrigadas de Amicos nunha plantación / Amicos

As ecobrigadas da asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos, de Ribeira, continúan as súas labores en diferentes puntos de Galicia apoiados por Cobre San Rafael. Esta Alianza xerada o pasado ano entre as entidades axudou a que Amicos prestara apoio e formación en emprego verde a máis de 30 persoas con discapacidade intelectual, e que 5 acadaran un traballo de calidade. As ecobrigadas son un equipo multidisciplinar de persoas con discapacidade que combinan a innovación social e o coidado medioambiental para a execución de obras forestais, a prevención de incendios, xardinería e bedelería. Os seus integrantes reciben formación adaptada e son acompañados durante todo o proceso para mellorar a empregabilidade. Pablo Núñez, director de Relacións Instituionais de Cobre San Rafael, describiu o labor de Amicos como “imparable e de primeiro nivel”. As ecobrigadas realizarán a principios de 2024 unha xornada de recollida de residuos e sensibilización medioambiental con escolares do Pino e Touro.